Disfruta desta modalidade navegando polo mar ou por un río en canoa, saindo dende Rianxo.
A pernoctación en tendas de campaña será no río ou nunha praia da nosa ría, as cales podemos proporcionarchas nós. Ti elixes a duración e recorrido desta actividade, dende 3 horas a 2 dias, para o que habería que pernoctar. A partir da opción base de 3 horas, as comidas proporcionámoschas nós.
- A actividade inclúe as embarcacións, seguro, e comida e tendas de campaña se fose necesario.
- Realízase durante todo o ano (suxeita as condicións metereolóxicas)
- Esíxese para a realización desta actividade saber nadar e ter cumplidos os 14 anos.
- O punto de partida para a realización desta actividade é Rianxo (consultar posibilidade da práctica noutros lugares)
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida (os grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados de titor ou monitor)
- A duración da actividade é desde 3h a 2 días de xeito opcional, o grupo mínimo é de 2 persoas.