Disfruta dunha ruta en kayak ata a Fervenza do Ézaro.
A ruta faise polas dúas marxes do rio Ézaro, onde xa os Vikingos reparaban as súas naves. E todo rodeado da salvaxe e fermosa paisaxe da Fervenza aos pés do Monte Pindo, que cun salto de 40 metros precipítase ao mar.
Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida. Grupos de rapaces ou adolescentes, acompañados de titor ou monitor.
O rematar a ruta, obsequiarase cunha consumición e un snack.
- Saídas dende o porto deportivo de Ézaro.
- Recoméndase levar roupa de abrigo e protección solar.
- A actividade inclúe kayak, seguro e guía.
- Realízase todo o ano, sen mínimo de usuarios e como máximo 35.
- A duración da actividade é de 2:00h
- Saídas suxeitas ás condicións climatolóxicas.