Navegando pola Ria de Arousa, coñecerás e descubrirás cómo é o traballo dos mariñeiros.
Tamén poderás ver como se crían, cultiva e recollen os diferentes produtos do mar, tocando delicias coma o mexillón, ameixas, ourizos, etc.
Esta actividade pódese complementar cun picoteo a base de conservas gourmet ou empanadas caseiras, acompañadas de viño albariño (este complemento supón un incremento de +15€ por persoa)
- Saídas dende o porto de O Xufre na Illa de Arousa. Posibilidade de saír doutros portos, fora de tempada. Posibilidade de facer a ruta en exclusiva.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida, que como máximo poderán embarcar 2 persoas en silla de rodas. Os grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados de titor ou monitor.
- Recoméndase levar roupa de abrigo e protección solar.
- A viaxe inclúe o transporte nunha embarcación de recreo, seguro e guía.
- Realízase todo o ano*, mínimo 2 persoas e máximo 24 (nos meses de verán posibilidade de entradas individuais)
- A duración da actividade é de 2h (2:30h con picoteo)
- *Saídas suxeitas as condicións climatolóxicas.