Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

CAMIÑO DA VIA DA PLATA 6 días

 

CAMIÑO DA VIA DA PLATA 6 días

 

DÍA 1. ORIXE - ALLARIZ - PROVINCIA DE OURENSE

Saída en dirección á Provincia de Ourense Breves paradas en roteiro. Xantar por conta do cliente. Pola tarde visita a Allariz uno dos puntos por onde pasa este Camiño da Prata do Sueste. É Conxunto Histórico-Artístico desde 1971. “Chave do Reino de Galicia” onde foi educado o rei Alfonso X “O Sabio”. Aquí poderemos visitar o Convento de Sta. Clara, a xudería e o casco antigo. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

 

DÍA 2. RIBEIRA SACRA: MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO, CANÓNS DO SIL / OURENSE

Almorzo. Pola mañá, saída cara á o embarcadoiro de Santo Estevo de Rivas de Sil, onde comezaremos un cruceiro polos canóns do Sil. Continuamos coa nosa visita percorrendo os principais Mosteiros que lle dan o nome de Ribeira Sacra. Visitaremos o Mosteiro de San Esteban, onde poderemos facer unha visita polos seus claustros. Xantar no hotel. Pola tarde, visitaremos Ourense con guía local. Urbe de orixe romana, que posúe un importante patrimonio. Destacan a súa Ponte Romana, a Capela do Santo Cristo, situada na Catedral de San Martín e os mananciais termais das Burgas. Chegada, cea e aloxamento.

 

DÍA 3. RIBADAVIA / MOSTEIRO DE OSEIRA - CARBALLIÑO

Almorzo. Saída cara a Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro. Visitaremos a súa famosa xudería e o seu casco antigo. Destacamos o Castelo, a Igrexa de Santiago, San Juan e Santo Domingo. Acabaremos nun antigo forno onde se realizan doces de tradición hebrea. Xantar no hotel. Pola tarde saída cara ao Mosteiro de Oseira, “o Escorial galego”. Comezouse a construír no século XI, a súa igrexa abacial construíuse durante o s. XIII cun característico estilo románico ojival. Continuaremos ata Carballiño, capital do Polbo en Galicia. Destaca o templo da Beira Cruz obra do arquitecto Antonio Palacios, englobando diferentes estilos e cargado de simboloxía. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

 

DÍA 4. TERRAS DO DEZA: MUSEO ETNOGRÁ- FICO CASA DO PATRÓN, LALÍN / CENTRO CASTRODEZA, PAZO DE LIÑARES Almorzo.

Pola mañá saída cara ao Museo Etnográfico Casa do Patrón (entrada incluída), onde coñeceremos as antigas escolas, os estilo de vida dos nosos antepasados, oficios esquecidos, etc. Continuamos ata Lalín, capital do Cocido en Galicia. Xantar en restaurante. Pola tarde, visita a Castrodeza (entrada incluída), espazo orientado á divulgación e posta en valor da cultura castrexa. Continuaremos facía o Pazo de Liñares (entrada incluída), unha das xoias da arquitectura rural galega. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

 

DÍA 5. MOSTEIRO DE CARBOEIRO, FERVEZA A Toxa / PAZO DE OCA

Almorzo. Visitaremos o Mosteiro de Carboeiro (entrada incluída), obra de transición do románico a gótico. É un dos monumentos máis característicos da arte medieval galego. Continuamos facía a Fervenza do Toxa, onde chegaremos dando un paseo para gozar dun fermoso espectáculo da fervenza en caída libre máis alta de Galicia. Xantar en restaurante. Pola tarde, visitaremos a parroquia de Santo Estevo de Oca para coñecer o Pazo de Oca (entrada incluída aos seus xardíns), coñecido como o Versalles galego pola xeometría e xardíns, é Ben de Interese Cultural. Saída cara a Santiago. Chegada hotel, cea e aloxamento.

 

DÍA 6. SANTIAGO DE COMPOSTELA - ORIXE

Almorzo, a continuación dirixirémonos facía o Monte do Gozo primeiro lugar desde onde se divisaban as torres da Catedral. Continuaremos facía Santiago para a visita con guía local. Veremos a Igrexa de San Francisco e fachada da Facultade de Medicina, Praza do Obradorio, o Hostal dos Reis Católicos, Pazo de Gelmirez, Pazo de Raxoi, e Catedral. No interior poderemos ver o Pórtico da Gloria para acabar en fermosas prazas que rodean a catedral. Xantar no hotel. Saída cara á orixe. Breves paradas en roteiro. Chegada e fi n dos nosos servizos.

 

GRUPOS MÍNIMO 20 PAX
O PRECIO VARÍA SEGUNDO A TEMPADA E LUGAR DE SAÍDA, NON VARÍA EN FUNCIÓN DO GRUPO
PVP por persona (HABITACIÓN DOBLE), SEN BUS:

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


DESDE
335€
PERSOA

 

Solicitude de inscrición

 

Unha vez enviada a súa solicitude recibirá unha copia da mesma no e-mail indicado, contactaremos con vostede ca máxima brevedade para facilitarlle un orzamento adaptado ás súas características e indicacións.

buseandoporgalicia.com. Formulario 1.