¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

COÑECENDO AS ILLAS BERLENGAS

22 e 23 de Outubro

COÑECENDO AS ILLAS BERLENGAS

 

1º día:

Partiremos directos cara Óbidos onde xantaremos e gozaremos de tempo libre despois de realizar unha ruta guiada por este pintoresco pobo de orixe medieval e polos seus monumentos: a Porta da Vila, a igrexa de São Pedro, a capela de São Martinho ou a muralla e o Castelo de Óbidos, entre outros.

Posteriormente, dirixirémonos cara o noso hotel en Nazaré onde teremos tempo libre ata a hora da cea.

 

2º día:

Nesta segunda xornada desprazarémonos ata Peniche onde embarcaremos cara as Ilhas Berlengas.

Alí, ademais de coñecer a illa e a súa espectacular paraxe, realizaremos unha visita en barco polas grutas.

Despois de xantar, emprenderemos camiño de volta á casa.

 

HOTEL DA NAZARÉ 3*, NAZARÉ

 

➡ TODAS AS VIAXES INCLÚEN AUTOCAR, XANTAR, ALOXAMENTO EN PENSIÓN COMPLETA (NAS VIAXES DE VARIOS DÍAS), SEGURO DE VIAXE, GUÍAS-ACOMPAÑANTES E GUÍAS, VISITAS, E ENTRADAS ÓS SITIOS QUE SE MENCIONAN
➡ Saída cun mínimo de 25 pasaxeiros
➡ Apto para nenos, consulte as tarifas
➡ Consultar suplemento por habitación individual
➡ FIXARSE NO PRAZO MÁXIMO DE RESERVA, PRAZAS LIMITADAS
➡ As andainas inclúen un pequeno refrixerio


➡ Consulte aquí as rutas de recollida
➡ PROTOCOLO COVID

OPCIÓNS
170,00 €