Os puentes son para aproveitalos, e por iso vos ofrecemos esta viaxe distinta á provincia de Valladolid, para vivir un nadal diferente. Ademais da gran e fermosa cidade de Valladolid, descubriremos 3 das vilas máis importantes da provincia. A cidade medieval de Medina de Rioseco é coñecida como a Vella India Chica. Medina del Campo, está moi ligada á historia de España e o seu centro histórico da constancia diso. Wamba, a curiosa por moitos motivos. UN nadal diferente, pero intenso e interesante
- Turisteo e nadal en VALLADOLID, MEDINA DE RIOSECO, WAMBA, MEDINA DEL CAMPO, co HOTEL 4* NO CENTRO DE VALLADOLID
1º día:
A nosa hora de sempre, tomamos camiño a terras casteláns, directamente a Medina del Campo. Trátase dunha poboación típica castelán, na provincia de Valladolid, na que aparte do impoñente Castelo de la Mota (entrada incluída), poderás desfrutar e coñecer, con visitas guiadas, o Palacio Real Testamentario (entrada incluída), o Museo das Ferias (entrada incluída), asi coma doutros sitios; a Colexiata, a Praza Mayor, etc etc. Como acabarás de comprobar no tempo libre, unha vila con moita historia e que fixo historia.
A noitiña chegaremos definitivamente a Valladolid, para cear e aloxarnos.
2º día:
Mañán intensa e completa na cidade grande de Valladolid. Cidade impoñente, que nos descubrirá o seu gran legado de monumentos, de museos, palacios, así coma de grandes viños e estupendas receitas gastronómicas, e todo bañado polo Pisuerga.
Coñeceremos o Arquivo Municipal (entrada incluída), a Igrexa de S Benito el Rela, a Praza Mayor, o Pasaje Gutiérrez, a Fachada da Universidade, o Palacio de Sta Cruz, a Catedral (entrada incluída) coñecida como a inconclusa, o Mosteiro de Sta María la Real de las Huelgas, o Teatro Calderón, o Palacio Pimentel, o museo Nacional de Escultura, e así un largo etcétera, dada a gran cantidade de recursos por ver e deleitarse. Será unha mañá moi intensa e divertida xa que tranquilamente coñeceremos a esencia da cidade valisoletana.
Xantaremos no mesmo hotel, no centro de Valladolid.
A primeiros da tarde vamos coller o bus para unha visita canto menos sorprendente e que non che defraudará. Vamos acercarnos a un sitio, preto, que esconde o osario máis grande e visitable de España, está na curiosa Igrexa de Santa María de la O (entrada incluída), e a vila é a única de España que comeza pola W: Wamba.
Regreso a Valladolid para que dispoñas do resto da tarde nesta cidade con tanto para ver e desfrutar (e da noite !!!)
Aloxamento e cea.
3º día:
Neste derradeiro día de viaxe, partiremos cara a outra Medina tan espectacular e fermosa como a grande Medina que mais coñecemos: Medina de Rioseco. Esta vila coñecida coma a Vella India Chica, xa que no século XVI tivo moito movemento de mercancías, negocios e cartos, contén coma Conxunto Histórico Artístico que é, grandes tesouros e recursos: unha fermosa Rúa Mayor, muralla, igrexas, e incluso unha dársena do Canal de Castela. Pasearemos por ela, dando boa conta do Museo S Francisco (entrada incluída), a Porta de Zamora, a Porta de Ajujar, a Praza Mayor, o Torno, a Lenda do Cocodrilo, o Museo da Semana Santa, a Igrexa de Sta María de Mediavilla (entrada incluída), a Igrexa de Santiago (entrada incluída).... unha vila que che fará sentirte na época medieval.
Xantar nun restaurante amigo, para comezar o regreso.
Paradiña nun lugar fermoso para comprar os primeiros doces....
⇒HOTEL 4*, NO CENTRO DE VALLADOLID
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: LUGO, ARZÚA E MELIDE
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: