Porto é esa cidade que se deixa querer, que asombra e que gusta, que che abraia e che complace. Non podía faltar nesta serie de visitas a Portugal nun día. Visitaremos o máis importante desta fermosa cidade portuguesa neste día cheo de contrastes e historia.
- ESENCIA DE OPORTO, XANTAR EN GAIA
Nada máis chegar, comezaremos coa vista da Zona Centro, coñecendo entre outros o Mercado do Bolhao, a Igrexa dos Clérigos, estación de São Bento, a Avenida dos Aliados ou a igrexa do Carmo, nunha ruta moi interesante na que chegaremos ata a Ribeira de Oporto, zona fermosísima e moi animada a beira do Duero, e que cruzaremos ata chegar o outro lado, a buliciosa Gaia, na que xantaremos nun restaurante amigo, vendo a típica postal de Oporto.
Despois de xantar inda poderás pasar máis de 2 horas por libre e acabando de deleitarte desta fermosa e romántica cidade.
Despois empezaremos o camiño de regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: