¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

FINDE XEITOSO: SEGOVIA

5 e 6 de Novembro

FINDE XEITOSO: SEGOVIA 

 

1º día:

Despois da viaxe en bus, pararemos a xantar nun restaurante amigo en Labajos para, a continuación, acercarnos a coñecer o Palacio Real de la Granja de San Ildefonso (entrada incluída).

Máis tarde, seguiremos a nosa viaxe camiño á vila medieval amurallada de Pedraza.

No pobo realizaremos unha ruta guiada coñecendo as súas rúas e os seus espazos máis salientables como a Plaza Mayor, o Castelo de Pedraza, a Porta de la Villa, a igrexa de San Juan Bautista, as ruínas da igrexa de Santa María ou Torre de las Hontanillas. Haberá tempo libre.

Ao rematar, dirixirémonos ao hotela 10 minutos en coche do centro de Segovia – para aloxarnos e cear.

 

2º día:

Neste segundo día, despois de tomar o desaiuno no hotel, adentrarémonos no corazón da histórica cidade de Segovia.

Nomeada Cidade Patrimonio pola Unesco, Segovia ofrecéranos a oportunidade de realizar unha ruta guiada, coñecendo algúns dos monumentos máis relevantes do país. Poderemos deleitarnos co acueduto romano máis grande e mellor conservado do mundo, visitar a catedral de Segovia (entrada incluída) ou o Alcázar (entrada incluída), a antiga fortaleza dos Reis de Castela. Asemade, entre as súas rúas descubriremos o Barrio Xudeu, a Casa de los Picos, La Alhóndiga ou a Plaza Mayor do século XVII, entre outros espazos destacados.

Despois de xantar no hotel, emprenderemos rumbo á casa.

 

HOTEL VENTA MAGULLO 2*, NAS AFORAS DE SEGOVIA.

 

 

➡ TODAS AS VIAXES INCLÚEN AUTOCAR, XANTAR, ALOXAMENTO EN PENSIÓN COMPLETA (NAS VIAXES DE VARIOS DÍAS), SEGURO DE VIAXE, GUÍAS-ACOMPAÑANTES E GUÍAS, VISITAS, E ENTRADAS ÓS SITIOS QUE SE MENCIONAN
➡ Saída cun mínimo de 25 pasaxeiros
➡ Apto para nenos, consulte as tarifas
➡ Consultar suplemento por habitación individual
➡ FIXARSE NO PRAZO MÁXIMO DE RESERVA, PRAZAS LIMITADAS
➡ As andainas inclúen un pequeno refrixerio


➡ Consulte aquí as rutas de recollida
➡ PROTOCOLO COVID

OPCIÓNS
170,00 €