¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

GRAN VIAXE Ó ALGARVE

8, 9, 10, 11, 12 e 13 de Novembro

GRAN VIAXE AO ALGARVE 

  

1º día:

Neste primeiro día, dada a distancia do noso destino final, partiremos directos cara o noso hotel con todo incluído na Albufeira, unha das cidades costeiras máis coñecidas da rexión do Algarve. Pararemos a xantar nun restaurante típico.

Chegados ao hotel, procederemos a aloxarnos e teremos tempo libre ata a hora da cea.

 

2º día:

No noso segundo día visitaremos a cidade de Portimão, onde realizaremos unha ruta guiada pola zona do Passeio Ribeirinho e polos monumentos máis relevantes da vila, tales como o Concello, a igrexa de Nossa Senhora da Conceição ou a igrexa do Colexio dos Xesuítas e o seu Convento.

Despois de gozar de tempo libre para pasear ou realizar compras, achegarémonos á zona de Benagil para coñecer, dende a súa parte superior – debido a posible tempo metereolóxico adverso –  ás famosas covas de Benagil.

Regresaremos ao hotel para xantar e dispoñeremos da tarde libre para relaxarnos no recinto hoteleiro ou visitar a cidade da Albufeira – opción a realizar unha ruta guiada pola vila.

 

3º día:

Ao longo desta xornada iremos ata Lagos, unha das cidades máis importantes de Portugal polo rol desempeñado durante a época dos Descubrimentos Portugueses. Nesta vila faremos unha ruta guiada coñecendo os puntos máis relevantes como o Forte da Ponta da Bandeira (entrada incluída), o mercado de escravos (entrada incluída), a Porta de São Gonçalo, a igrexa de Santo António (entrada incluída) ou a excepcional paraxe da Praia dos Estudantes coa ponte romana, entre outros. Teremos tempo libre por Lagos.

Iremos xantar ao hotel e poderemos seguir desfrutando do complexo e da vila da Albufeira.

 

4º día:

O cuarto día estará dedicado á capital da Algarve: Faro. Realizaremos unha ruta guiada profundando nos espazos, edificios e monumentos máis coñecidos da cidade. Visitaremos a Sé de Faro (entrada incluída), a igrexa do Carmo e a Capela dos Ossos (entrada incluída), o Palacio Belmarço, a ermida de Santo António do Alto ou a rúa comercial de Santo António, entre outros.

Despois do noso tempo libre pola cidade, encamiñarémonos ao hotel para xantar e gozaremos da tarde libre na Albufeira.

 

5º día:

O noso penúltimo día dedicarémolo a visitar a antiga capital do Algarve e gran poboación histórica: Silves. Realizaremos unha visita guiada pola vila con aceso ao Castelo de Silves (entrada incluída), unha notable obra da arquitectura militar árabe. Pasearemos polas súas rúas e coñeceremos a Sé de Silves, as Portas da Cidade e os restos da muralla ou o Pelourinho, entre outros.

Regresaremos ao hotel para xantar e dispoñeremos da nosa última tarde libre.

 

6º día:

No noso último día, unha vez rematemos o almorzo, emprenderemos regreso á casa, facendo unha parada para xantar nun restaurante amigo.

 

 

HOTEL MUTHU CLUBE PRAIA DA OURA 4* TODO INCLUÍDO, EN ALBUFEIRA.

 

➡ TODAS AS VIAXES INCLÚEN AUTOCAR, XANTAR, ALOXAMENTO EN PENSIÓN COMPLETA (NAS VIAXES DE VARIOS DÍAS), SEGURO DE VIAXE, GUÍAS-ACOMPAÑANTES E GUÍAS, VISITAS, E ENTRADAS ÓS SITIOS QUE SE MENCIONAN
➡ Saída cun mínimo de 25 pasaxeiros
➡ Apto para nenos, consulte as tarifas
➡ Consultar suplemento por habitación individual
➡ FIXARSE NO PRAZO MÁXIMO DE RESERVA, PRAZAS LIMITADAS
➡ As andainas inclúen un pequeno refrixerio


➡ Consulte aquí as rutas de recollida
➡ PROTOCOLO COVID

OPCIÓNS
450,00 €