¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

O NADAL EN LISBOA

3, 4, 5 e 6 de Decembro

O NADAL EN LISBOA 3, 4, 5 E 6 DE DECEMBRO 2022

 

1º día:

Partiremos dirección Lisboa, facendo unha parada na principal cidade universitaria de Portugal: Coimbra. Alí, xantaremos e teremos tempo de coñecer a cidade mediante unha ruta guiada polos principais espazos. Dispoñeremos de tempo libre para seguir visitando a cidade.

Despois, continuaremos camiño cara o noso hotel en Lisboa, onde nos aloxaremos e cearemos.

 

2º día:

Neste día dedicarémonos a coñecer a Baixa e o Barrio Alto e Chiado. Así, recorrendo as súas fermosas rúas, mediante unha visita guiada, achegarémonos ao convento do Carmo, á igrexa de Nossa Senhora a Conceição Velha, a Praça do Comércio, a Casa dos Bicos, a Sé de Lisboa, entre outros.

Despois do noso tempo libre, regresaremos ao hotel para xantar. Gozaremos da tarde libre para visitar os mercados de Nadal instalados por diferentes zonas da cidade e deleitarnos coas luces que decoran as rúas.

Cearemos no hotel.

 

3º día:

O terceiro día procederemos a coñecer a Alfama de Lisboa; zona coñecida polos seus varios miradoiros, entre o que se destaca o Miradoiro de Santa Luzia, e por albergar un dos monumentos máis coñecidos da cidade: o Castelo de San Jorge (entrada incluída), o cal poderemos visitar, entre outros. Dispoñeremos de tempo libre.

Xantaremos no hotel e teremos a tarde libre para seguir pescudando na vida portuguesa en época de Nadal e descubrir novos currunchos da cidade.

Cearemos no hotel.

 

4º día:

O noso último día de viaxe destinarase a pasear e coñecer o barrio de Belém: unha das zonas máis emblemáticas de Lisboa, onde poderemos visitar, entre outros monumentos, o Mosteiro dos Jerónimos e a icónica Torre de Belém (entrada incluída). E como non podemos abandonar a cidade sen probar a repostería típica, agasallarémosvos cos deliciosos Pastéis de Belém, tamén coñecidos como Natas.

Despois do noso tempo libre, partiremos cara o xantar no hotel e emprenderemos regreso á casa.

 

HOTEL VIP INN BERNA 3*, LISBOA

 

➡ TODAS AS VIAXES INCLÚEN AUTOCAR, XANTAR, ALOXAMENTO EN PENSIÓN COMPLETA (NAS VIAXES DE VARIOS DÍAS), SEGURO DE VIAXE, GUÍAS-ACOMPAÑANTES E GUÍAS, VISITAS, E ENTRADAS ÓS SITIOS QUE SE MENCIONAN
➡ Saída cun mínimo de 25 pasaxeiros
➡ Apto para nenos, consulte as tarifas
➡ Consultar suplemento por habitación individual
➡ FIXARSE NO PRAZO MÁXIMO DE RESERVA, PRAZAS LIMITADAS
➡ As andainas inclúen un pequeno refrixerio


➡ Consulte aquí as rutas de recollida
➡ PROTOCOLO COVID

OPCIÓNS
395,00 €
Otros artículos relacionados
NADAL EN FAMILIA EN PERLIM
NADAL EN FAMILIA EN PERLIM
17 de Decembro
37,00 €
NADAL PARA TODOS
NADAL PARA TODOS
18 de Decembro
24,00 €
CAMIÑO PRIMITIVO 7 días
CAMIÑO PRIMITIVO 7 días
374,00 €
CAMIÑO PORTUGUÉS DENDE TUI 8 días
CAMIÑO PORTUGUÉS DENDE TUI 8 días
486,00 €
CAMIÑO FRANCÉS 5 tramos
CAMIÑO FRANCÉS 5 tramos
536,00 €
CAMIÑO FRANCÉS DESDE SARRIA 8 días
CAMIÑO FRANCÉS DESDE SARRIA 8 días
449,00 €
FINDE SAUDABLE: AS ERMIDAS E AS PASARELAS DO MAO
FINDE SAUDABLE: AS ERMIDAS E AS PASARELAS DO MAO
19 e 20 de Novembro
145,00 €