¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

O NADAL EN MADRID

8, 9, 10 e 11 de Decembro

O NADAL EN MADRID

 

1º día:

O noso primeiro día partiremos directos cara Madrid, cunha parada no camiño para xantar.

Á nosa chegada á cidade, dirixirémonos ao centro e alí gozaremos dunha incrible merenda de Nadal: un chocolate con churros.

Despois iremos aloxarnos ao hotel onde cearemos.

 

2º día:

Nesta xornada, despois do almorzo, faremos unha ruta cultural pola cidade, visitando o Templo de Debod, o Palacio de Liria (entrada incluída), a igrexa de San Antonio de los Alemanes (entrada incluída) e o Palacio Real (entrada incluída). Dirixirémonos ao hotel para xantar.

Á tarde, achegarémonos ata a Plaza Mayor e as rúas do centro para contemplar as luces de Nadal e visitar os mercados. Dispoñeremos de tempo libre.

Regresaremos ao hotel para xantar.

 

3º día:

O terceiro día dedicarémolo a pasear polas rúas máis comercias e céntricas da cidade, como son a Calle Mayor, a Porta do Sol ou a Calle de Galerías Preciados; espazos onde poderemos realizar as nosas compras de Nadal de xeito libre.

Xantaremos no hotel e gozaremos da tarde libre para seguir desfrutando do ambiente de Nadal da cidade e dos seus recunchos máis míticos.

 

4º día:

No noso último día en Madrid, pola mañá, visitaremos o coñecidísimo mercado ambulante El Rastro: un dos máis antigos do mundo. Alí, teremos tempo libre para perdernos entres os seus centros de postos ata a hora de dirixirnos ao hotel para xantar.

Despois de xantar, emprenderemos o camiño de volta á casa.

 

 

HOTEL EXE PLAZA 4*, EN PLENO CENTRO DE MADRID

 

➡ TODAS AS VIAXES INCLÚEN AUTOCAR, XANTAR, ALOXAMENTO EN PENSIÓN COMPLETA (NAS VIAXES DE VARIOS DÍAS), SEGURO DE VIAXE, GUÍAS-ACOMPAÑANTES E GUÍAS, VISITAS, E ENTRADAS ÓS SITIOS QUE SE MENCIONAN
➡ Saída cun mínimo de 25 pasaxeiros
➡ Apto para nenos, consulte as tarifas
➡ Consultar suplemento por habitación individual
➡ FIXARSE NO PRAZO MÁXIMO DE RESERVA, PRAZAS LIMITADAS
➡ As andainas inclúen un pequeno refrixerio


➡ Consulte aquí as rutas de recollida
➡ PROTOCOLO COVID

OPCIÓNS
380,00 €
Otros artículos relacionados
CAMIÑO FRANCÉS DENDE O CEBREIRO 10 días
CAMIÑO FRANCÉS DENDE O CEBREIRO 10 días
561,00 €
DE FEIRA Ó CERDAL
DE FEIRA Ó CERDAL
11 de Decembro
39,00 €
RUTA DO PAI SARMIENTO 11 días
RUTA DO PAI SARMIENTO 11 días
669,00 €
SARRIA A SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 días
SARRIA A SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 días
399,00 €
VÍA DA PLATA DENDE OURENSE 8 días
VÍA DA PLATA DENDE OURENSE 8 días
419,00 €
CAMIÑO FRANCÉS DESDE SARRIA 8 días
CAMIÑO FRANCÉS DESDE SARRIA 8 días
449,00 €
CAMIÑO PRIMITIVO DENDE OVIEDO 16 días
CAMIÑO PRIMITIVO DENDE OVIEDO 16 días
1.161,00 €
NADAL PARA TODOS
NADAL PARA TODOS
18 de Decembro
24,00 €