A bordo dun turitrén, coñecerás o afable e xentil pobo de O Grove, para a continuación dirixirse a coñecer a marabillosa Illa de A Toxa e os seus segredos.
Todo acompañado dun guía que nos irá explicando os numerosos atractivos destes dous pobos.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida. Os grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados de titor ou monitor.
- Saídas dende o porto de O Grove. Posibilidade de saír doutros portos/pobos, fora de tempada.
- A viaxe inclúe o transporte nun tren turístico, seguro e guía.
- Todo o ano, grupos mínimo 25 persoas. Nos meses de verán posibilidade de entradas individuais.
- A duración da actividade é de 50 minutos.
- Saídas suxeitas as condicións climatolóxicas.