Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

ACERCA DE NÓS

Buseandoporgalicia é unha axencia de viaxes MAIORISTA - MINORISTA, situada en Rianxo (A Coruña), especializada en excursións e escapadas (principalmente en autocar) por toda Galicia e rexións próximas, aínda que para nós non existen fronteiras. Levámosche, literalmente, a onde ti queiras.

Realizamos viaxes para todo tipo de colectivos (asociacións de veciños, culturais ou deportivas, de amigos, etc.) , xa sexan dun ou varios días. Todas as viaxes e propostas que realizamos están feitas para o seu mellor aproveitamento e desfrute. Os destinos son elixidos cun criterio diferenciador, é dicir, buscamos destinos diferentes pero o mesmo tempo con fundamento, atractivos e completos.

Contamos cun equipo humán e profesional que desfruta co seu traballo, como persoal para o deseño de rutas turísticas, guías, xestores de eventos, etc., así como a colaboración de outras empresas e profesionais.

A nosa empresa cumpre todos os requisitos legais (seguros, permisos, alta no REAT, etc.), ademais posuímos a correspondente licencia outorgada pola Xunta de Galicia que nos acredita como axencia de viaxes co código de identificación XG-611.​ ​

 Déixate Viaxar!

 O Proxecto ALAVOU

ALAVOU, Turismo & Experiencias pon en valor a singularidade, calidade medioambiental, paisaxística e cultural do territorio galego, especialmente da Ría de Arousa. ALAVOU quere ofrecer elementos turísticos atractivos e diversos, que transformen unha viaxe nunha experiencia vivencial completa para o usuario contribuíndo ao mesmo tempo a dinamizar económica e socialmente ao territorio dun xeito sostible.

Turismo de proximidade, territorio e as súas xentes son os principais elementos que definen ALAVOU: experiencias turísticas baseadas na integración das persoas visitantes no destino.