Queres disfrutar da variante espiritual marítima do Camiño de Santiago? Partirás dende o porto da Illa, Vilanova ou Carril, ata Pontecesures, facendo a ruta dos restos do Apóstolo Santiago dende que chegou a Galicia.
Navegarás entre bateas, verás varias illas, grandes monumentos coma as Torres do Oeste de Catoira, e a maior parte dos cruceiros que forman o único Vía Crucis Marítimo Fluvial do mundo.
- Actividade apta para tódolos públicos
- As persoas con movilidade reducida poderán viaxar dúas como máximo.
- Os grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados de titor ou monitor.
- Saídas dende o porto de O Xufre ou porto de O Campo na Illa de Arousa, porto de Vilanova ou porto de Carril. Posibilidade de saír doutros portos fora de tempada. Posibilidade de facer a ruta en exclusiva.
- Recoméndase levar roupa de abrigo e protección solar.
- A viaxe inclúe o transporte nunha embarcación de recreo, seguro e guía.
- Realízase durante todo o ano*, mínimo 4 persoas e máximo 24 (nos meses de verán posibilidade de entradas individuais)
- A duración da actividade é de 2:30h para a ruta de ida e volta e de 1:30h para aquelas persoas que queiran facer so a ida e empregar un taxi para a volta.
- *Saídas suxeitas as condicións climatolóxicas.