Practicaralo nunha zona espectacular da Pobra onde conflúen o río Pedras e o río Barbanza, comezando e acabando no mesmo punto.
Ten unha boa poza de 5m, un tobogán de 30m e un bo rapel de 35m. Todos estes elementos pódense repetir xa que o seu acceso é fácil.
- Acónséllase traer bañador, toalla, zapatillas de cordóns e unha camiseta térmica ou licra.
- Actividade dispoñible todo o ano*. Punto de saida: cafetería do Clube Náutico da Pobra. (*Dispoñibilidade según condicións metereolóxicas)
- A actividade inclúe: equipamento e material necesario, seguro.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida. Os grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados de titor ou monitor.
- Sempre acompañado e asesorado por expertos monitores.
- A duración da actividade é de 4h e o grupo mínimo é de 8 persoas.