Orixinal e impresionante taller gastronómico onde se fusiona a arte da pesca coa arte da cociña.
Disfrutarás primeiro da Ruta das Artes de Pesca pola Ria de Arousa nunha embarcación náutica. Nesta ruta guiada coñecerás o traballo do día a día dos mariñeiros, así como a ver o proceso nunha batea, como se recollen ameixas e navallas, e como se capturan certos peixes. Todo nun entorno paradisíaco como é a Ría da Arousa. A continuación a experta cociñeira comezará co taller de cociña galega, enseñándonos os seus segredos e a preparar aqueles productos que vimos na ruta pola ría: ameixas, mexillóns, navallas, ...
Disfruta xunto cun grupo de amigos desta experiencia única. E despois degustaredes co cociñeiro/profesor dos pratos que foron preparados.
- Actividade apta para tódolos públicos (consultar persoas con movilidade reducida)
- Os grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados dun titor ou monitor.
- Actividade a realizar en Meaño e na Illa de Arousa. Desprazamentos incluidos.
- Realízase todo o ano, mínimo 4 participantes e máximo 10.
- A duración da actividade é de 5:00h
- Suxeito a disponibilidade de datas e ás condicións metereolóxicas do mar.