Visita guiada pola beira do mar e os bancos marisqueiros de Cambados ou de Rianxo (si é de mañá vese ás mariscadoras faenando)
Esta ruta consiste en facer unha baixada a un banco de marisqueo nunha praia do pobo elixido. Unha vez ali se explica todo o proceso do marisqueo dende a extracción ata a comercialización, pasando polo punto de control.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida.
- Grupos de rapaces ou adolescentes acompañados de titor ou monitor.
- A duración da actividade é de 1,5h e o grupo mínimo é de 12 persoas.
- A actividade depende das mareas, e tampouco se pode realizar en Nadal e Semana Santa.