Queres coñecer como é a cría dun dos produtos máis representativos da Ría de Arousa?
Aquí tes a oportunidade vendo como é o proceso nunha batea, para a cría do mexillón, pero tamén da ostra e da vieira. E todo na Ria de Arousa. Especial para grupos grandes.
A visita complementarase cunha degustación a bordo de Mexillón de Galicia e viño ou auga.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida. Grupos de rapaces ou adolescentes, acompañados de titor ou monitor.
- Saída do porto de O Grove (recoméndase roupa de abrigo)
- A duración da actividade é de 1:15h, o grupo mínimo é de 40 e o máximo de 150 persoas.