Paseo pola Ría gozando dunhas vistas únicas e vendo unha das postas de sol máis fermosas do litoral galego.
Ademais, ofrecerémosche a bordo unha degustación de Mexillón de Galicia e viño da D.O. Rías Baixas para completar unha experiencia inesquecible.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida.
- Os grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados de titor ou monitor.
- Saída do porto de Ribeira (recoméndase roupa de abrigo)
- A duración da actividade é de 2 h, o grupo mínimo é de 10 e o máximo de 12 persoas.