CAMIÑO FRANCÉS ATA FISTERRA 7 días
DÍA 1. ORIXE - PONFERRADA- PROVINCIA DE LEON
Saída en dirección á Provincia de León. Breves paradas en roteiro. Xantar por conta do cliente. Pola tarde visita a Ponferrada, onde destacan entre os seus monumentos o Castelo Templario, a Basílica da nosa Señora da Aciñeira, a Torre do Reloxo, e a Igrexa de San Andrés. Chegada ao hotel na Provincia de León, cea e aloxamento.
DÍA 2. As MEDULAS / VILLAFRANCA DEL BIERZO
Almorzo. Pola mañá saída cara ás Medulas (entrada incluída), onde realizaremos unha visita guiada por esta antiga mina romana, declarada Patrimonio da Humanidade. Xantar no hotel. Pola tarde visitaremos Villafranca del Bierzo. Coñeceremos a Igrexa de San Francisco, a Praza Maior, a Travesía de San Nicolás e o Convento de San Nicolás, a ponte medieval, etc. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
DÍA 3. PEDRAFITA DO CEBREIRO - MOSTEIRO DE SAMOS - PROVINCIA DE LUGO
Almorzo. Saída cara a Pedrafita do Cebreiro por onde entran a Galicia os peregrinos do Camiño Francés. Destacan as pallozas, típicas vivendas de pedra con teito de palla; veremos tamén a súa igrexa prerrománica, a máis antiga do roteiro xacobeo. Xantar en restaurante. Pola tarde continuaremos cara a un dos fitos importantes do camiño, o Mosteiro de Samos (entrada incluída). Fundado no s.VI, nel atópanse varios estilos arquitectónicos. Destaca a súa Igrexa abacial, claustros e a Capela do Ciprés. Traslado ao hotel, cea e aloxamento.
DÍA 4. SARRIA / LUGO
Almorzo Pola mañá saída cara a Sarria, importante punto do camiño francés. Veremos a igrexa de Santa Mariña co seu mural peregrino, o Castelo e a Fortaleza así como o Mosteiro da Madalena. Xantar no hotel. Pola tarde, visita con guía local ao centro histórico de Lugo. Coñeceremos a súa muralla romana e a Catedral de Santa María, dos séculos XII e XIII. Despois visitaremos o Museo de Lugo. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
DÍA 5. PALAS DE REI, MELIDE, ARZÚA / SANTIAGO DE COMPOSTELA
Almorzo. Faremos unha parada en Palas de Rei, con visita opcional ao Castelo de Pambre (non incluída), o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galicia. Continuamos ata Melide, onde coñeceremos o seu centro histórico, a Igrexa e Casa da Cultura. Parada en Arzúa, famoso polos queixos. Xantar en restaurante. Pola tarde, visita con guía local á cidade de Santiago de Compostela. Comezaremos pola Igrexa de San Francisco e fachada da Facultade de Medicina, para continuar na Praza do Obradorio e Catedral. No interior poderemos ver o Pórtico da Gloria e despois coñeceremos as fermosas prazas que rodean a catedral. Traslado ao hotel, cea e aloxamento.
DÍA 6. COSTA DA MORTE, MUXIA / FISTERRA, ÉZARO
Almorzo e saída cara á Costa da Morte. Pararemos en Zas, cunha visita ao pazo de Torres do Allo, o máis antigo de Galicia. Despois visitaremos o Castelo de Vimianzo (entrada incluída), testemuña desde a súa construción ( s. XII), de enfrontamentos entre a nobreza e o campesinado. Continuaremos cara a Muxía, onde percorreremos as súas rúas e coñeceremos o Santuario da Virxe da Barca. Xantar en restaurante. Pola tarde visitaremos Fisterra. É costume entre os peregrinos prolongar cara aquí o seu camiño como un rito para purificar corpo e alma. Traslado ao Faro cos seus impresionantes vistas. Finalizaremos coa Fervenza do Ézaro que forma o río Xallas na súa desembocadura no mar. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
DIA 7. SANTIAGO DE COMPOSTELA - ORIXE
Almorzo. Dirixirémonos facía o Monte do Gozo, o primeiro lugar desde onde se divisaban as torres da Catedral e últimos 5 km antes de chegar á Praza do Obradoiro. Poderemos facer ben a pé este último tramo do Camiño ou ben o autobús achegáselles ao centro de Santiago para poder gozar de tempo libre na cidade. Xantar no hotel. Saída cara ao lugar de orixe. Breves paradas en roteiro. Chegada e fi n dos nosos servizos.
GRUPOS MÍNIMO 20 PAX
O PRECIO VARÍA SEGUNDO A TEMPADA E LUGAR DE SAÍDA, NON VARÍA EN FUNCIÓN DO GRUPO
PVP por persona (HABITACIÓN DOBLE), SEN BUS: