Nesta viaxe a terras burgalesas, coñeceremos tanto a vila de Miranda de Ebro como a maxia de Santa Gadea del Cid, un dos pobos máis bonitos de Castilla e León. Sen olvidarnos da estrela desta viaxe, realizar unha andaina polos fermosos e impresionantes arredores do Salto do Nervión, a cascada máis alta de toda a Península Ibérica e a 2º de Europa, con máis de 220 metros de caída.
ESPECTÁCULO PURO DA NATUREZA, POBOS BURGALESES
1º día:
Pola mañá, sairemos cedo cara Burgos realizando algunha pequena parada.
Tras xantar nun restaurante amigo, comezaremos a visita da vila de Santa Gadea del Cid. Aquí descubriremos os seus lugares de encanto como a Igrexa de San Pedro Apóstol, a Torre e o Castelo dos Padilla, ou as súas prazas de estilo popular castellano e portas da antiga muralla medieval. Contaremos tamén con tempo libre.
Logo poñermos rumbo á vila de Miranda de Ebro. Aquí coñeceremos o seu Castelo (entrada incluída), o Xardín Botánico (entrada incluída), a Ponte Carlos III, a Praza de España ou a Casa das Cadenas. Despois teremos tempo libre para seguir coñecéndoa á nosa maneira.
Cea no hotel e aloxamento.
2º día:
Tras desaiunar no hotel, poñeremos rumbo ata o inicio da andaina do Salto do Nervión, xa en terreos vascos. Trátase dunha ruta de 7 km, fácil de andar, na que poderemos deleitarnos de paraxes moi fermosas neste no Monumento Natural Monte de Santiago. A ruta remata nunha foto espectacular: a caída do Rio Nervión , a mais de 220 metros, que provoca unha ledizia ós nosos ollos (nota: a espectacularidade do salto depende moito da cantidade de auga que leve o rio, de feito faixe nos primeiros meses do ano, porque a partir de abril ou maio córrese o risco de que xa nin leve auga algunha).
Ao rematar, xantaremos nun restaurante amigo.
Iniciaremos o camiño de regreso, con algunha parada no camiño.
⇒HOTEL 3*, A 1 KM DE MIRANDA DE EBRO
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: