Unha finde diferente e completa no val do Douro Portugués. Nestas Terras do Norte de Portugal, descubriremos poboacións non tan coñecidas pero moi curiosas coma Vila Real, Lamego ou Amarante, ademais de realizar un cruceiro polo Douro e coñecer as bodegas de Peso da Régoa.
BODEGAS DO DOURO, CRUCEIRO, SEGREDOS DO DOURO PORTUGUÉS
1º día:
Sairemos cedo, con rumbo a Peso da Régoa, capital do Alto Douro e capital do Viño de Oporto. Nada máis chegar a esta vila portuguesa, realizaremos un Cruceiro polo Douro (incluído), ata Pinhao. Ademais visitaremos tamén unhas famosas Bodegas de Peso da Régoa (entrada incluída).
Tras xantar na bodega, dirixirémonos a Lamego, pobo que está cerquiña do Douro, no Alto Douro. Coñeceremos lugares como o Castelo (entrada incluída), a Cisterna de Lamego (entrada incluída), a Catedral (entrada incluída) ou o Santuario dos Remedios, igrexa que conta cunha impresionante escalinata para chegar a el. Ademais contaredes con tempo libre.
Regreso ao hotel en Amarante e cea.
2º día:
Tras o almorzo relaxado no hotel, sairemos a dar un paseo para coñecer Amarante, unha vila de moita auga e ambiente. Darás conta de igrexas coma a da Madalena, a Igrexa de San Pedro, e a impresionante Igrexa e Mosteiro de San Gonzalo (entrada incluída), o Solar dos Magalhaes, o Açude dos Morleiros, ...
Neste día, tras o almorzo no hotel, acercarémonos á vila de Vila Real, onde cun tranquilo e pequeno paseo darás conta dos encantos que posúe, como a Catedral de Santo Domingo (entrada incluída).
Tras xantar, regreso á casa.
⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE AMARANTE
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: