Nada como unha finde polos segredos do norte de Burgos e parte das Merindades, para desconectar e deleitarnos coa súa beleza natural. Ademais da realización dunha andaina polo Desfiladero do Río Purón, teremos tempo a visitar dúas vilas con encanto como son a vila medieval de Oña e Poza de la Sal, fogar de Félix Rodríguez de la Fuente.
NATUREZA, FÉLIX RGUEZ DE LA FUENTE E IMPRESIONANTE OÑA
1º día:
Pola mañá cedo, comezamos o noso camiño.
Tras xantar nun restaurante amigo, chegamos á nosa primeira visita: Oña. Nada máis chegar, xa te darás conta do lugar que máis destaca polas súas dimensións, o seu Real Mosteiro de San Salvador (entrada incluída). Ademais coñeceremos a Torre de San Juan (entrada incluída), o Arco da Estrela ou a súa Praza Maior.
Acercámonos agora a Poza de la Sal, vila coñecida por haber sido fogar do naturista Félix Rodríguez de la Fuente e polas salinas. Aquí recorreremos as súas pintorescas rúas empedradas, realizando unha visita guiada por un guía oficial polas Salinas e o pobo.
Saída cara o hotel, cea e aloxamento.
2º día:
Tras o almorzo, dirixímonos cara o pobo de Herrán, para a realización dunha impresionante andaina duns 6-7 km, polo Desfiladeiro do Río Purón. Impresionante a natureza que vas a encontrar entre o val de Tobalina en Burgos e o parque Natural de Valderejo en Álava.
Ao rematar de xantar nun restaurante amigo, regreso
⇒HOTEL 3*, A 1KM DE MIRANDA DE EBRO
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
![](https://buseandoporgalicia.com/arquivo/imx/anulacion.0.jpg)