Ven con nós a visitar neste completo fin de semana, os segredos mellor gardados de Portugal, coñecendo 4 pobos na fronteira con Salamanca que non che deixarán indiferente. Guarda, a cidade máis alta de Portugal; Celorico da Beira, a capital do “Queijo da Serra”; Almeida, unhas das “12 aldeas históricas de Portugal” en forma de estrela; e a fronteiriza Pinhel, a “Cidade Halcón”.
CELORICO DA BEIRA, GUARDA, ALMEIDA E PINHEL
1º día:
Neste primeiro día, partiremos rumbo Celorico da Beira, a nosa primeira parada. Aquí xa de mañá, visitaremos o seu Castelo (entrada incluída), a Torre do Relogio, ou o Solar do Queijo da Serra (entrada incluída), entre outros.
Tras xantar nun restaurante amigo, acercarémonos á nosa segunda parada, a cidade de Guarda. Aquí visitaremos o seu Castelo (entrada incluída), a Torre dos Ferreiro (entrada incluída), a Catedral (entrada incluída), ou a Praza de Luis Camoes. Contaremos tamén con tempo libre.
Chegada ao hotel, cea e aloxamento.
2º día:
Tras o almorzo é o turno de Almeida, a fermosa vila amurallada con forma de estrela. Descubriremos os seus segredos, coñecendo lugares como o Museo Militar (entrada incluída), o seu Castelo (entrada incluída) ou a Porta da Fortaleza. Contaremos tamén con tempo libre.
Última visita do domingo, a vila de Pinhel. Aquí descubriremos o seu Castelo (entrada incluída), a Torre do Relogio, A Igrexa de San Luis, ou a Praza Sacadura Cabral, entre outros; ademais de tempo libre.
Tras o xantar, inicio do camiño de volta realizando algunha parada.
⇒HOTEL 3* NO CENTRO DE CIUDAD RODRIGO
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: