Non te quedes sen esta incrible oportunidade de seguir coñecendo Portugal día a día. Neste caso tocaralle á histórica e medieval Guimaraes (disque aquí naceu Portugal). Visitaremos a cidade con calma ademais de ter tempo libre para ultimar as compras.
BERCE DE PORTUGAL, CIDADE IMPRESIONANTE
En marcha cara a Guimaraes. Comezamos o día paseando co guía, visitando e coñecendo lugares como: a Muralla de Guimaraes, O Castelo (visita exterior), o Palacio dos Duques (entrada incluída), o Campo da Feira, Praza Largo de Oliveira, a Praza do Toural, ...
Despois disporás de tempo libre para seguir desfrutando desta antiga cidade.
O xantar será nun espectacular Rodizio onde che aseguramos que non quedarás con fame.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: