Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

ROMARÍA ETNOGRÁFICA DE RAIGAME EN VILANOVA DOS INFANTES, CA MERCA E CELANOVA

Categoría raíz
17/05/2025

Toca ir, toca coñecer esta curiosa vila cargada de costumes e historia. A chamada Festa da Cultura Galega. Ven a vivir con nós unha das romarías máis interesantes e coñecidas de Galicia, celebrada desde hai 20 anos o día das Letras Galegas en Vilanova dos Infantes. Aquí desfrutarás dunha xornada chea de postos de artesáns galegos, así como música e comida por todas partes. Acabaremos o día visitando Celanova e os muíños da Merca.

 

RAIGAME A NOSA ALMA, ESPIGUEIROS DIRÍAN OS PORTUGUESES, POBOS DE OURENSE

 

Sairemos da casa con dirección Vilanova dos Infantes, onde desfrutaremos toda a mañá desta incrible e multitudinaria Romaría Etnográfica de Raigame, onde verás de primeira man a artesáns de distintos oficios, creando e vendo produtos tipicamente galegos, sexan tradicionais ou gastronómicos, e todo nun ambiente festeiro e distendido que fan deste encontro nunha referencia nas celebracións en Galicia. Telo que vivir!

Tras xantar nun restaurante amigo, dirixirémonos a Celanova, onde poderás coñecer a vila. Logo por último visitaremos os hórreos de A Merca, coñecidos por ser a concentración de hórreos máis grande de Galicia.

 

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
44,00 €