Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

CATAMARÁN POLA RIBEIRA SACRA, BALCÓNS DE MADRID E SAN PEDRO DE ROCAS

Categoría raíz
25/05/2025

Neste día faremos unha visita completa e inesquecible a uns dos lugares mais entrañables e impresionantes de Galicia: a Ribeira Sacra, completando a visita con outros pobos e lugares igual de marabillosos desta zona.

 

TESOUROS DE GALICIA, SEGREDOS PARA COÑECER

 

Antes de nada dirixirémonos a San Pedro de Rocas, un mosteiro único escavado na rocha. Un mosteiro único e especial, en desuso, na que poderás observar tanto catacumbas, como un museo onde ver como vivías os monxes, cultura do viño, etc. IMPRESIONANTE.

De camiño o restaurante, pararemos nun enclave tamén extraordinario, polas vistas, como é o mirador Os Balcóns de Madrid, un dos mellores miradores polas súas impresionantes vistas. Está situado en Parada de Sil, de onde partiremos a andar 1km ata o mirador.

Para xantar dirixirémonos a un dos restaurantes amigos.

E despois desfrutaremos dunha viaxe en Catamarán polos impresionantes Canóns do Sil (entradas incluídas), que non che deixarán indiferente, cunha duración de unhas 2 horas. Trátase do paseo en catamarán máis largo en duración, distancia e fermoso polo seu recorrido, dos que se poden realizar na Ribeira Sacra.

Iniciaremos o camiño de volta.

A orde do programa pode variar segundo dispoñibilidade do catamarán ou outras causas.

 

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
51,00 €