Aquí tes unha proposta orixinal e distinta. Unha viaxe a vila portuguesa de Montalegre, a celebrar unha noite de bruxas auténtica. Unha proposta desta vila portuguesa que leva anos levándose a cabo e xunta a miles de persoas.
CULTURA, CONCERTOS, FOGOS DE ARTIFICIO E ESPECTÁCULO
Trátase dunha celebración dunha noite de terror como é un venres 13 con espectáculos, iluminación, fogos, queimada e moita moita animación. O último en celebrarse foi o do venres 13 de decembro do 24, cando saia o seguinte farémolo público. Tamén amosamos a web oficial do evento.
Realmente inaugúrase as 13:13 pero o interesante comeza as 19:00 e recoméndase primeiro dar unha volta de “recoñecemento” polo pobo.
O bus inicia a recollida despois de xantar do dia 13, e voltará as 1:00 (madrugada) hora portuguesa.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: SILLEDA, LALÍN
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: