Portugal non defrauda, e os seus destinos turísticos son infinitos. Nesta ocasión, na zona centro do país veciño, atopamos a cidade templaria de Tomar; a capital do gótico portugués, Santarem; e os pobos de postal e medievais de Torres Novas e Ourem. A que esperas! Sempre nos queda Portugal !
SEGREDOS DE PORTUGAL, VILAS CON ENCANTO, OUREM, SANTAREM, TORRESNOVAS E TOMAR
1º día:
Saída a nosa hora cara a Portugal. Chegada ao hotel en Torres Novas e xantar.
Poñemos rumbo agora á primeira parada, a cidade de Santarem. Aquí mediante unha pequena ruta, visitaremos lugares tan impresionantes como a Catedral de Nosa Señora da Concepción (entrada incluída), o seu Castelo (entrada incluída), a Torre das Cabaças, ou a Rúa Guillermo Azevedo. Teredes tamén tempo libre.
Regresamos a Torres Novas, onde antes de ir ao hotel, visitaremos os seus imprescindibles, como son a Cova das Lapas (entrada incluída) ou o seu Castelo (entrada incluída).
Cea no hotel e aloxamento.
2º día:
Tras o almorzo, empezamos a mañá coa visita á cidade templaria de Tomar. Primeiro, realizaremos unha ruta guiada pola vila, coñecendo os seus espazos e monumentos máis importantes: o seu Castelo (entrada incluída), Convento de Cristo (entrada incluída), a igrexa de São João Baptista, a Praça da República, a igrexa de São Francisco,... De seguido, poderemos dispor de tempo libre para gozar da vila.
Pero a mañá non acaba aquí. Temos tempo para outra visita. Tócalle ao centro histórico de Ourem. Aquí descubriremos unha das súas catro vías sacras, o seu Castelo (entrada incluída) ou a Igrexa da Colegiada.
Tras o xantar nun restaurante amigo, regreso a Galicia.
⇒HOTEL 3* EN PLENO TORRES NOVAS
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: