Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE SAUDABLE: SENDA VERDE MINAS DE UDÍAS, ADEMAIS O MONUMENTO NATURAL DAS SEQUOYAS, CARTES, RIOCO

Categoría raíz
28-29/06/2025

Última viaxe saudable da tempada do verán, pero ao grande. Esta vez, nada máis e nada menos, realizaremos a Senda Verde das Minas de Udías. Grazas a isto, pasaremos a fin de semana por terras cántabras, descubrindo os seus segredos. Recorreremos as vilas de película de Cartes, Roicorvo, Santillana del Mar e Cabezón de la Sal; e aínda nos sobrará tempo para visitar o Monumento Natural das Sequoias!

 

TESOUROS DE CANTABRIA, SENDA VERDE, MONUMENTOS NATURAIS, POBOS CON ENCANTO

 

1º día:

Saída cara a Cantabria para xantar no hotel.

Pola tarde a nosa primeira visita será a vila de Riocorvo e a Cartes, dúas vilas moi curiosas pero moi sorprendentes, as dúas no Camiño Real que unían Suances con Santander, e as dúas constitúen principalmente unha rúa falnqueada por grandes casas blasonadas. En Riocorvo descubriremos a Casona de Velarde, a Capela de San José ou o Libro Xigante. Seguiremos o noso camiño ata Cartes, fermosa vila cántabra onde descubriremos o seu Torreón, a Casa da Ponte, a Casona de Obregón ou a Rúa do Camiño Real, entre outros.

Por último nesta tarde, visitaremos a empedrada e vila das 3 mentiras  Santillana del Mar, que conta coa Torre do Merino, unha Praza Maior, a Casa do Águila, ou a Colexiata de Santa Juliana de Nicomedia (entrada incluída), e en xeral unha vila para recorrer e admirarse de tódolos recunchos.

Cea no hotel e aloxamento.

 

2º día:

Despois do almorzo no hotel, poñemos rumbo a Cabezón de la Sal. A nosa primeira parada será o Monumento Nacional das Sequoias, onde admiraremos a beleza e grandiosidade desta árbore, xa que hai unhas 850 e a través dun pequeno paseo para observalas, verás que te fan pequeno, e iso que son “bebés”.  Logo, realizarmos a esperada andaina pola Senda Verde das Minas de Udías, duns 6 km. Trátase dunha ruta fácil na que recorreremos distintas vestixios das famosas minas de Udías, túneles, e moita natureza. Repartirase un pequeno refrixerio.

Ao rematar, aínda nos dará tempo a coñecer un pouquiño a vila de Cabezón de la Sal, que conta co Palacio da Bodega, a Igrexa de San Martín ou o Museo do Calabozo (entrada incluída).

Tras xantar, regreso ás nosas casas.

 

 

⇒HOTEL 4*, A 1,5KM DE TORRELAVEGA

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
170,00 €