Desfruta deste domingo para recordar dunha das zonas máis visitadas de Galicia. Levámosche á Costa da Morte. Ven a coñecer lugares con moito nome e con moito encanto. A fermosa vila de Muxía co coñecido Santuario da Barca e algún que outro Faro, a mariñeira vila de Laxe cun encantador casco histórico ou a curiosa Praia dos Cristais, o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños coñecido como a “Catedral do Megalitismo” en Galicia, ou o impresionante Castelo de Vimianzo. Non te perdas esta visita tranquila pola nosa Terra.
SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA, PRAIA DOS CRISTAIS, DOLMEN DE DOMBATE E CASTELO DE VIMIANZO
No día de hoxe, poñeremos rumbo á Costa da Morte. A nosa primeira parada será no Dolmen de Dombate (entrada incluída). Creado na época neolítica, trátase dunha tumba colectiva con corredor e está considerado o mais grande desta época. Non che decepcionará a visita ó Dolmen con mais sona e o mais visitado de Galicia.
Logo dirixirémonos a Laxe, onde ademais de pasear visitando o encanto das rúas desta vila mariñeira.
Tras xantar nun restaurante amigo, poñeremos rumbo a coñecer o impoñente Castelo de Vimianzo (entrada incluída). Un castelo impoñente, en bo estado de conservación, e no que te sentirás como os seus poboadores alá do século XII.
Para rematar a tarde, a nosa última parada será en Muxía, onde mediante unha pequena ruta, coñeceremos esta fermosa vila, ademais de ter algo de tempo libre. Loxicamente haberá que chegar e coñecer a súa zona mais interesante, por onde está o Santuario, distintos miradores, etc.
Regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: