Asturias non decepciona. Como non ía a ser doutra maneira, ofrecémosche un domingo de seguir descubrindo os segredos da nosa veciña do norte, con lugares e paraxes naturais espectaculares. Esta vez tócalle o turno as vilas de Luarca e Tapia de Casariego. E aínda nos queda tempo para facer unha parada en Ribadeo.
ESENCIA DE ASTURIAS, POBOS CON ENCANTO
Poñemos rumbo a Asturias. Pero antes faremos a nosa primeira parada na vila de Ribadeo, vila mariñeira con historia indiana, vixiando o bravo Cantábrico ás portas de Asturias e que aínda esconde algún segredo.
Seguiremos o camiño e chegamos a Luarca, onde ademais de ter tempo libre para pasear pola vila, descubriremos os seus segredos como o seu Porto, a Igrexa de Santa Eulalia, ou o Faro de Luarca.
Tras xantar nun restaurante amigo, poñemos rumbo a Tapia de Casariego, a nosa última parada e onde visitaremos lugares como a Piscina de Auga Salgada, e a propia vila mariñeira.
Daquí xa regresamos.
Pola mañá achegarémonos a coñecer a vila de Ribadeo
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: