Porto é esa cidade completa, que asombra e que gusta, que che abraia e che complace. Visitaremos o máis importante desta fermosa cidade portuguesa, co hotel no centro para que sigas desfrutando pola noite dela.
ESENCIA DE OPORTO, XANTAR EN GAIA, CRUZEIRO, TODO OPORTO
1º día:
Na primeira xornada desta viaxe, partiremos dirección Oporto onde vos acercaremos antes de nada a desfrutar do famoso Mercado do Bolhao e os seus buliciosos postos, xa que non abre de tarde nin no domingo. Tamén o que queira pode subir a Torre dos Clérigos, xa que en grupo levaría moitas horas e non é práctico facelo todos xuntos.
Iremos xantar tranquilamente á beira do rio, a Gaia, para pola tarde desfrutar de Oporto centro e zona do Bolhao. Coñeceremos, entre outros, a Sé de Porto (entrada incluída), a estación de São Bento, a Avenida dos Aliados,a igrexa do Carmo, etc, nun ruta moi interesante. Poderemos o finalizar este recorrido desfrutar de tempo libre ata a hora de ir cear.
Cea e aloxamento nun hotel en plena cidade.
2º día:
No segundo día nesta gran cidade chea de sorpresas, dedicarémonos a visitar as fermosas zonas da Ribeira e Vila Nova de Gaia; lugares que nos ofertarán a posibilidade de coñecer o Palácio da Bolsa (entrada incluída) e navegar polo Douro recorrendo as seis pontes de Oporto (cruceiro incluído): a ponte de Luís I, a ponte de D. Infante, a ponte de Dª. Maria, a Ponte de São João, a ponte do Freixo e a ponte da Arrábida. E despois continuaremos paseando ata a zona de Gaia, onde volveremos a xantar contemplando Oporto dende a outra beira.....
Despois de xantar, empezaremos o camiño de regreso.
⇒HOTEL 4* NO CENTRO DE OPORTO
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: