Ven a pasar o domingo á Mariña Lucense, coñecendo sitios tan impresionantes como a vila de Viveiro e o seu carácter mariñeiro; a vila de O Barqueiro, encadrada na ría máis pequena galega; ou o coñecido Banco de Loiba e as súas vistas.
VILAS DA MARIÑA E MARABILLAS DE GALICIA
Pola mañá, dirixirémonos á fermosa vila de Viveiro, para coñecer mediante un paseo os seus segredos: Ponte Maior, Porta de Carlos V, Praza Maior, Calexón do Muro, Covento de S Francisco, etc.
Despois deste recorrido poderemos subir no bus ao mirador de San Roque ou tomar algo no pobo.
Despois iremos xantar a O Vicedo, a un restaurante amigo.
Tras xantar chegaremos á fermosa vila de O Barqueiro, onde poderemos pasear polas súas pintorescas rúas e coñecer os encantos que ten para ofrecer, situado na ría máis pequena de Galicia.
Pero aquí non acaba todo. Antes de regresar aos domicilios, acercarémonos ao Banco de Loiba, que gracias a estar nun enclave natural único, está considerado o banco máis fermoso do mundo.
Regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
![](https://buseandoporgalicia.com/arquivo/imx/Importante.0.jpg)