No noso programa de ir coñecendo Portugal, esta vez levámosche a fermosa cidade portuguesa de Braga, unha das máis visitadas do Norte de Portugal. Ademais acercarémonos ao coñecido Santuario de Bom Jesus do Monte, cos seus característicos case 600 escalóns
BRAGA, BOM XESÚS DO MONTE
Pola mañá ao chegar á cidade, comezaremos unha pequena visita guiada polos monumentos máis importantes de Braga. Algúns destes poden ser: a Catedral de Braga, a Praza da República, o Arco da Porta Nova, o Palacio do Raio ou os Xardíns de Santa Bárbara.
Tras xantar nun restaurante amigo, pola tarde acercarémonos ao impoñente Santuario de Bom Jesus do Monte, onde contaremos con tempo libre para subir as súas famosas escaleiras e visitalo con calma.
Regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: