Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

COÑECENDO O PAÍS VASCO: S SEBASTIÁN, EIBAR, BILBAO, S JUAN DE GAZTELUGATXE, ZUMAYA, ZARAUZ E LEQUEI

Categoría raíz
1-4/05/2025

Proposta orixinal e completa para coñecer o mellor dun Pais Vasco tan amplo e variado, nunha ponte que non che vai chegar a nada. Empezaremos por Bilbao, chegaremos San Sebastián, e camiñarás por Zumaia, Zarauz, Leqeitio e a Impresionante San Juan de Gaztelugatxe.

 

PAIS VASCO ÚNICO, SORPRENDENTE E DESCOÑECIDO

 

1º día:

O primeiro dÍa partiremos cedo hacia Castrourdiales, onde xantaremos pola zona. Despois de xantar visitaremos Bilbao, dende a zona vella, onde se encontra a Zona das 7 Calles, a Catedral de Santiago (entrada incluída), a igrexa de S Antón (entrada incluída), ata a zona nova do famoso Guggenheim. Unha cidade fermosa e chea contrastes, onde o pasado convive coa modernidade. 

Despois acudiremos a aloxarnos e cear.

 

2º día:

O segundo día será un ía completo e moi animado. Pasaremos o dia enteiro coñecendo San Sebastián, a través de dous turnos (en principio xantarase en San Sebastián ou arredores). Disporemos tamén dun guía local para coñecer mellor esta fermosa cidade.

De mañán recorreremos a zona vella, empezando pola Catedral do Bó Pastor (entrada incluída), a Basílica, o casco istórico, o Centro Kursal, e a praia Zurriola.

Nesta ruta probaremos un par de pintxos nun local típico da zona vella (incluído).

Xa pola tarde, dase a escoller a pasar a tarde na praia da Concha, ou a ir pasear por ela ata a praia de Ondarreta. De calquer xeito o bus recolleranos a última hora para subir o mirador do Monte Igueldo (entrada incluída), onde poderemos entrar e divisar e maravillarnos dunhas vistas da Concha e de San Sebastián espectaculares.

Partiremos hacia o hotel e cearemos

 

3º día:

Coñeceremos neste día tres vilas típicas vascas, que manteñen a súa esencia mariñeira, pero moi turísticas e fermosas, que co seu encanto che marabillarán: Zarauz, cuna de Arguiñano, posee unha praia amplia e un casco histórico digno de recorrer; Zumaia, curiosa vila na que tamén darás conta do seu mirador dende a Ermida de San telmo e os seu Flysch; e a coqueta Lekeitio, na que aparte de outra vila distinta, pero con moitos encantos e segredos como o seu camiño (que está ou non) a illa de San Nicolás.

Xantaremos entre esas vilas, e a noitiña regresaremos a o hotel para a cea e aloxarse.

 

4º día:

O terceiro dia partiremos cara un dos puntos mais impresionantes do Pais Vasco, e que últimamente non fai mais que sair nas noticias e marabillar a todos. Trátase da Illa de San Juan de Gaztelugatxe, mais ben illote xa que está unido a terra por unha pasarela de ponte espectacular como así o son as vistas cando se chega a ela e a Ermida de S Juan. É unha ruta de 1,5 km ida e outro tanto de volta, co detalle de contar con uns 241 escalóns tamén. É algo durilla, pero merece a pena.

Partiremos hacia Castro Urdiales, onde xantaremos, e continuaremos camiño de volta.

 

 

⇒HOTEL 3*, EN EIBAR

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
430,00 €