Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE SAUDABLE: A RUTA DO CARES, CON CANGAS DE ONÍS

Categoría raíz
7-8/06/2025

Trátase este finde de desfrutar dun dos sitios mais auténticos e impresionantes de Asturias, como é a Ruta do Cares, unha ruta de sendeirismo tan acertadamente considerada por unha das mais fermosas e emblemáticas de Asturias e de España, e coñecer tamén de primeira man un dos produtos típicos como é o Queixo de Cabrales e pobos coma Cangas de Onís

 

ASTURIAS IMPRESIONANTE, RUTAS ÚNICAS

 

1º día:

Camiño a Asturias, máis ben o teito de Asturias. As paraxes xa nos avisan cando chegamos.

Despois de xantar no hotel en Covadonga, iremos cara Arenas de Cabrales, pintoresco pobo cuna do queixo de cabrales, para acudir á Cova Museo do Queixo Cabrales (entrada incluída), onde aprenderemos todo o que rodea a este queixo mundialmente recoñecido.

Despois achegarámonos a Cangas de Onís, pobo emblemático e típico de Asturias, para pasear polas súas rúas e coñecer o seus recunchos, ata a hora de ir para cear.

 

2º día:

Na mañá do domingo chegou o momento de realizar unha das rutas máis impresionantes e fermosas de Asturias e de España: a Ruta do Cares.

Consiste nunha ruta polo parque nacional dos Picos de Europa. É unha ruta de dificultade baixa-media, de 12 km, encaixada entre montañas e barrancos, o que a converten nunha experiencia para todos os sentidos. Farémola ruta dende Poncebos (Asturias) a Caín (León). Repartirase un pequeno refrixerio.

Neste lado, en Caín finaliza a ruta, tomaremos un descanso e uns taxis (incluídos) contratados acercarannos a Posada, uns 9 km que non pode facer o noso bus. En Posada xantaremos nun restaurante amigo cunha comida moi rica e caseira.

O finalizar comezaremos a ruta de volta a casa.

 

 

⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE CANGAS DE ONÍS

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
190,00 €