Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE XEITOSO: AS ILLAS BERLENGAS, CON ÓBIDOS E NAZARÉ

Categoría raíz
28-29/06/2025

Son a última sensación das costas portuguesas, son unhas illas frente a Peniche cargadas de exotismo e historia. Son as Illas Berlengas, que che amosaremos, xunto coa visita tamén a outro pobo con historia medieval e considerado un dos máis fermosos de Portugal, Óbidos. E como non, poderás observar as olas en Nazaré.

 

TESOUROS NATURAIS E POBOS TÍPICOS: ALMA DE PORTUGAL

 

1º día:

Acudiremos nesta finde a descubrir novos segredos de Portugal.

Neste día desprazarémonos primeiro o hotel onde xantaremos, e despois ata Peniche onde embarcaremos cara as Ilhas Berlengas (entrada incluída), unhas illas impresionantes na Reserva Natural das Berlengas, un gran tesouro por descubrir.

Alí, ademais de coñecer a illa e a súa espectacular paraxe, realizaremos unha Visita en barco polas grutas (incluída).

outros.

Posteriormente, dirixirémonos cara o noso hotel para aloxarnos e cear.

 

2º día:

Comezamos o día acercándonos a  Óbidos, e gozaremos de tempo libre despois de realizar unha ruta guiada por este pintoresco pobo de orixe medieval e polos seus monumentos: a Porta da Vila, a igrexa de São Pedroa capela de São Martinho ou a muralla e o Castelo de Óbidos, entre outros.

Despois continuaremos ata Nazaré, onde visitaremos primeiro a Nazaré vella, cos seus miradores impresionantes, e despois a Nazaré baixa, mais tranquila e onde destaca a súa inmensa praia.

Nesta vila xantaremos a beira desta fermosa praia.

Despois de xantar, emprenderemos camiño de volta á casa.

 

 

⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE CALDAS DA RAINHA

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO E TUI

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
200,00 €