É tempo de cocido, e que mellor nunha zona da Galicia máis lonxana, arraigada e menos coñecida como son o pobo de Meira, o Pedregal de Irimia onde nace o Miño, ou o mesmo Cebreiro, para acabar o dia en Portomarín como os peregrinos.
ÚNICA E ORIXINAL, GASTRONOMÍA GALEGA, POBOS SINGULARES
Esta proposta ten unha experiencia gastronómica xa que che ofrecemos ir de cocido ao mesmo Cebreiro, e alá no alto deleitarse con este prato contundente e saboroso.
Camiño do Cebreiro coñeceremos o pobo de Meira, onde despois de almorzar poderás coñecer o mosteiro de Santa María de Meira (entrada incluída). Continuaremos a un sitio con significado, xa que é onde nace o noso Miño, onde poderás observar ese lugar de inicio e sentir do río galego máis famoso, o Pedregal de Irimia.
Aparte de xantar, no Cebreiro poderás desfrutar das súas construcións típicas chamadas pallozas.
E xa de regreso pola tarde pararemos no pobo de Portomarín, lugar de parada obrigatorio tamén dos peregrinos, e onda poderás descubrir algún recuncho desta poboación.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: