Proposta ideal para esta finde: unha viaxe completa e tranquila polos currunchos de Salamanca. Acercarémonos a coñecer a cidade de Salamanca e os seus arredores, cidade declarada Patrimonio da Humanidade, e que conta coa Universidade máis antiga de España. Ademais desta coñecida cidade, visitaremos lugares como A Alberca e o Santuario de Peña de Francia.
GRANDES LUGARES, PATRIMONIO, IMPRESIONANTE SALAMANCA
1º día:
De mañán chegaremos o hotel en pleno centro de Salamanca e xa xanteremos.
Despois do xantar empezaremos a descubrir lugares coma o pobo de La Alberca, un dos máis bonitos de Salamanca e de España. Este pobo coñeceralo paseando co guía e máis poderalo desfrutar por libre, coas súas igrexas e ermidas, as súas rúas empedradas, casa tradicionais, etc
E como ía faltar a impresionante Peña de Francia e os seus miradoiros. Subiremos o cumio da Serra de Francia onde poderás desfrutar do Santuario de la Peña de Francia (entrada incluída) e das vistas impresionantes.
Regreso ao hotel e cea.
2º día:
O día seguinte, dedicarémolo á cidade de Salamanca. Alí pola mañá visitaremos lugares imprescindibles como a súa famosa Praza Maior, a Universidade, a Catedral Nova e a Vella (entrada incluída), a Casas das Conchas, o Huerto de Calisto e Melibea, o Convento de San Estevo, a Torre Clerecía Scala Coeli (entrada incluída), entre outras maravillas. Volveremos a xantar no hotel.
Contaredes con tempo libre para namorarvos da cidade e realizar compras.
Regreso ao hotel e xantar
Iniciaremos o camiño de regreso.
⇒HOTEL 4*, en PLENO CENTRO DE SALAMANCA
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: