RIANXO: CASTELO DA LÚA, MUSEO DO MAR, CASCO VELLO, CON MEXILÓNS MIRANDO O MAR, AS TORRES VIKINGAS E PADRÓN
Paraíso de Galicia e xoia da Arousa, mires como o mires, Rianxo contén historia mariñeira, literaria, cultural e tamén recunchos á espera que os descubras. E como non podía ser menos, rodeada de grandes vilas como Padrón ou Catoira.
XOIA DA AROUSA, CULTURA GALEA, PEDRÓN E TORRES VIKINGAS
Esta viaxe lévache a Rianxo a coñecer esta vila histórica de Galicia, na que primeiro almorzarás nas súas cafeterías á beira do mar, para despois descubrir guiado por guías locais sitios coma o Castelo da Lúa, o Museo do Mar e a propia vila en si.
Antes de ir a xantar terás tempo libre e mais degustarás incluído na proposta uns mexillóns e un ribeiro (refrixerio incluído) nunha terraza única contemplando a Ria da Arousa.
Xantar nun restaurante local.
Pola tarde iremos voltando primeiro por Catoira, onde coñeceremos as súas viquingas Torres do Oeste.
A continuación achegarémonos a unha vila imprescindible na Ruta Xacobea, como é Padrón, onde descubrirás o casco vello desta vila e o Pedrón.
Regreso.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: