Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

NAVARRA SORPRENDENTE

Categoría raíz
17-20/04/2025

NAVARRA SORPRENDENTE: RONCESVALLES, COVAS DE ZUGARRAMURDI, SELVA DE IRATI, FOZ DE ORBAIUN, MOSTEIRO DE LEYRE, CASTELO DE JAVIER, OLITE, ESTELLA E PAMPLONA

 

Propoñémosche unha Semana Santa do máis orixinal e divertida: recorrendo e coñecendo unha Navarra con pobos, espazos naturais e segredos de película. As Covas de Zugarramurdi, Roncesvalles, A Selva de irati, Pamplona, Olite, Mosteiro de Leyre, Castelo de Javier e Estella. Por fin poderás coñecer os lugares tantas veces reflexados en decenas de películas. Non che deixará indiferente, entenderás por que Navarra é de película! . . . E por riba, hotel no centro de Pamplona !!

 

1º día:

Neste primeiro día desta asombrosa viaxe a Navarra partiremos cedo cara Pamplona: capital de Navarra e fogar da festa de San Fermín pero, tamén, escenario de diferentes filmes: Blue Lips (2013), No tengas miedo (2012), Solo se vive una vez (2010), Americano (2005), La trastienda (1975) ou ¡Fiesta! (1957).

Mediante unha visita guiada por un guía local e despois tempo libre, coñeceremos esta cidade. Coñeceremos os seus espazos e monumentos máis significativos: a Plaza del Castillo, a Rúa Estafeta, a Catedral de Sta. María la Real, o Concello, a Igrexa de San Lorenzo ou o Parque da la Taconera, a Ciudadela (entrada incluída),  entre outros moitos lugares. Teremos, tamén, tempo libre para gozar da cidade pola nosa conta.

Retirada o hotel para aloxarnos e cear.

 

2º día:

Día de marabillas naturais e grandes vilas en Navarra. Vamos primeiro visitar as famosas Covas de Zugarramurdi (Las brujas de Zugarramurdi (2011))(entrada incluída), unhas impresionantes covas cársticas protagonista de celebracións de índole pagana. Tamén poderás pasear pola vila homónima.

A continuación pasaremos a visitar Roncesvalles: fito clave do Camiño de Santiago e escenario da rodaxe da película de Martin Sheen, El Camino (2010). Pasearemos polas súas rúas e coñeceremos monumentos como a Real Colexiata de Sta María de Roncesvalles (entrada incluída).

Non podemos esquecernos dunha parte dos atractivos de Navarra, como son os seus paraxes e paisaxes naturais, de película!!!, e entre estes destaca A Selva de Irati, o segundo maior bosque de “hayas” de Europa, detrás da Selva Negra alemana. Este hayedo é particularmente sorprendente e as súas fotos dan a volta ao mundo no outono cando se convirte nun espectáculo de cores vermellas e douradas. Algunha película: Secretos del corazón (1997) ou Furtivos (1976). Cando saiamos de Roncesvalles, camiño de Pamplona, observaremos estas maravillas da natureza, un exemplo será o Mirador de Azkoitia.

Xantaremos pola zona.

Acercarémonos a Pamplona a media tarde para ter un pouco de tempo libre pola cidade., e despois cear e aloxarse.

 

Sábado

Destino o Mosteiro de Leyre (entrada guiada incluída), principal monumento románico de Navarra, sendo considerado un mosteiro moi impresionante e fermoso. Nel están enterrados os Reis de navarra.

Camiño deste mosteiro, daremos conta dunha paraxe natural incrible, a Foz de Urbaiun, onde pararemos e verás a súa beleza.

Despois partimos para unha xoia de Navarra, o Castelo de Javier (entrada incluída), onde poderás desfrutar deste fermoso castelo.

Xantaremos en Olite.

A vila de Olite que, ademais de escenario da serie televisiva Vampire Academy (2022) ou Los Borgia (2006), distínguese polo seu Palacio de Olite (entrada guiada incluída), Monumento Nacional dende o ano 1925, un dos palacios máis impresionantes e visitados de España. Realizaremos unha visita a este monumento e gozaremos de tempo libre polo pobo.

Xa a media tarde voltaremos para Pamplona para que desfrutes por libre das últimas horas pola cidade de Pamplona.

A noite cearemos e aloxarémonos.

 

Domingo

O noso último día, antes de partir de camiño a Galicia, visitaremos a cidade románica de Estella, lugar de rodaxe de Bajo las estrellas (2007) ou a recente La Voz del Sol , e poderás coñecer os seus lugares máis relevantes: a igrexa de San Xoán Bautista, a Praza de Santiago e a Calle Mayor, a igrexa de San Miguel ou a igrexa do Santo Sepulcro, entre outros. 

Rematado o noso tempo libre na vila, emprenderemos volta á casa, cunha parada para xantar nun restaurante amigo en Burgos.

 

 

⇒HOTEL 3*, NO CENTRO DE PAMPLONA

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
430,00 €