Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE SAUDABLE: RUTA POLO DESFILADERO DE LA YECLA, CON S DOMINGO DE SILOS, COVARRUBIAS E LERMA

Categoría raíz
17-18/05/2025

Outra finde espectacular e do máis completa. Desfrutarás dunhas das localidades con máis encanto de Castela, e do seu Mosteiro universalmente famoso, falamos de Santo Domingo de Silos e o seu mosteiro. Para facer máis redondo e inesquecible este fin de semana, o aloxamento tamén terá que ser con encanto, non che defraudará, e situado enfrente mesmo do mosteiro. Que máis se pode pedir: unha camiñata polo desfiladero de La Yecla, na que che sorprenderá o entorno deste cañón recorrido por pasarelas.

 

BURGOS MÍSTICO E ENTRAÑABLE, ANDANDO POR DESFILADEIROS

 

1º día:

Sairemos das nosas respectivas paradas camiño de  Covarrubias, xantando de camiño. Covarrubias , vila da comarca de Arlanza, na provincia de Burgos visitarémola despois de xantar, para recorrelo coñecendo lugares coma  a Casa de Doña Sancha, o Torreón de Fernán González (entrada guiada incluída), a Praza do Concello, a Excolegiata de S Cosme e S Damián (entrada incluída) etc., apreciando así o fermosa que é esta vila.

Despois continuamos cara Santo Domingo de Silos, unha espectacular vila a 1000 metros do nivel do mar, e rodeado de altos montes, que unido a o seu aspecto bastante medieval lle confiren o honor de ser un pobo máis bonitos de España. Terás tempo de visitar e pasear polas rúas e o entorno dela.

Ademais conta cun mosteiro (entrada incluída) dos máis importantes do románico de toda Europa, como o demostran as esculturas dos capiteis, relieves, etc., que cunha visita guiada poderás descubrir.

Como colofón a esta finde, aloxarémonos nun hotel con encanto, tan preto do convento como que estamos fronte del !!!

E loxicamente aí cearemos, DIANTE DO MISMÍSIMO MOSTEIRO !!!!

 

2º día:

Neste segundo día, despois do almorzo, dirixirémonos ata o inicio da nosa ruta, que comeza xunta o Mosteiro de Santo Domingo de Silos. Trátase dunha ruta moi fermosa, fácil de recorrer, duns 9 km, onde iremos vendo distintas paraxes como desfiladeiros, pasarelas, montañas, etc. É o incrible Desfiladero de la Yecla. No inicio proporcionaremos un refrixerio, como é costume.

Unha vez finalizado o xantar alí en Santo Domingo de Silos, emprenderemos rumbo a Galicia.

E como da tempo, pararemos noutra poboación tan impresionante coma sorpendente: Lerma. Aquí cunha visita por un guía local daremos conta de sitios coma o Arco do Anxo, o Mirador dos Arcos, a Praza Maior, o Palacio Ducal, o Pasadizo Ducal, etc. E inda terás un rato para desfrutar o eu xeito desta poboación.

Regreso.

 

 

⇒HOTEL 3* NO CENTRO DE SANTO DOMINGO DE SILOS

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
195,00 €