Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

FINDE SAUDABLE: A RUTA DAS XANAS, COS SEGREDOS DE AVILÉS, LUANCO E LUARCA (AH, E CACHOPO!)

Categoría raíz
28-29/06/2025

Aínda que pareza mentira, seguimos descubrindo recunchos da nosa veciña Asturias. Desta vez, axudándonos da Ruta das Xanas, conseguimos outro interesante fin de semana por terras asturianas. Ademais da andaina por un dos desfiladeiros máis fermosos de Asturias, visitaremos a cidade de Avilés, que conta con un dos cascos históricos medievais mellor conservados do norte do país; a pintoresca vila mariñeira de Luanco; e a escondida Luarca. Quen dixo que xa está todo visto?

 

  • RUTA DAS XANAS, LUARCA, LUANCO, CASCO HISTÓRICO DE AVILÉS E CACHOPO

 

1º día:

Iniciamos o camiño cedo, para chegar xa á media mañá á vila mariñeira de Luanco. Aquí con unha pequena visitaremos os seus lugares máis característicos como son a Torre do Reloxo, o seu Porto marítimo, a Igrexa de Santa María ou o Pazo dos Méndez de Pola. Teremos tamén tempo libre.

Xantaremos nun restaurante amigo a base de cachopo !!

Pola tarde coñeceremos a vila de Avilés, que conta cun dos cascos históricos máis importantes e fermosos do norte de España, prefectamente diferenciados como son a zona mariñeira, a zona medieval ou a zona barroca, con lugares tan importantes como a Igrexa de San Antonio de Padua, a Plaza de España, a calle Galiana, o Centro Niemeyer ou a Igrexa de San Tomás de Canterbury.  Despois de pasear e coñecer estas maravillas poderás desfrutar de tempo libre.

Cea no hotel e aloxamento.

 

2º día:

Pola mañá realizaremos a cerca de Proaga, para andarmos pola famosa Ruta das Xanas, unha ruta fácil duns 7-8 km a través dun desfiladero considerado o mais fermoso detrás do da ruta do Cares. Facilitarase un pequeno refrixerio.

Ao rematar, xantaremos no hotel.

No camiño de regreso, faremos unha parada para visitar a vila de Luarca. Unha vila que descubriremos andando xa que é amplia dende a propia vila ata os miradores que posúe.Despois do tempo libre, volvemos á casa.

 

⇒HOTEL 4*, en NOREÑA

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
170,00 €