Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

A CAPITAL DA MANCHA

Categoría raíz
1-4/05/2025

A CAPITAL DA MANCHA: ALCÁZAR DE SAN JUAN, VILLANUEVA DE LOS INFANTES, LAGUNAS DE RUIDERA, ARGAMASILLA, VALDEPEÑAS COA VISITA AS FAMOSAS COVAS DO ARTE, E CIUDAD REAL

 

Nesta viaxe a terras da Mancha vamos a amosarvos cidades, viilas e incluso paraxes naturais que che sorprenderán, tanto pola súa fermosura como polo insólito e singulares destes sitios. Unha viaxe a o corazón de Ciudad Real, a vilas cargadas de historia como Almagro, Argamasilla de Alba, sitios que se saen de fermosos coma Viallanueva de los Infantes, puntos con unha cultura a maiores polo viño, Valdepeñas, e enclaves naturais impresionantes coma as Lagunas de Ruidera.

 

ESENCIA DA MANCHA, CUNA DO VALDEPEÑAS, VILAS HISTÓRICAS

 

1º día:

Partiremos cedo, sobre 4 da mañán de Ribeira, para inciciar o camiño a Mancha cual quixotes. Neste dia xantaremos nun restaurante amigo de Madrid, e chegaremos a Cidade Real onde un guía local (incluído) nos levará pola cidade ensinándonos o mais interesante dela: a Catedrald de Santa María del Prado (entrada incluída), Igrexa de San Pedro, a Praza Maior, a Casa do Arco, a porta de Toledo, a Igrexa de Santiago, o Palacio Medrano, etc.

Xa a noite nos acercaremos a o hotel para cear e durmir.

 

2º día:

Este día completo comezamos visitando un lugar máxico e único, berce do Quixote, chegamos a onde se refire as palabras do libro D Quijote de La Mancha “un lugar de la Mancha, cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho que vivía un hidalgo de los de lanza...”, pois sí a Argamasilla de Alba. Esta vila aparte do espíritu deste famoso hidalgo posúe tamén o Canal do Gran Prior, a Ermida de S Antón, a Praza de España e a Praza da Constitución, a Botica dos Académicos (entrada incluída), o Pósito da Tercia (entrada incluída), a Casa e Cova dos Medrano (entrada incluída), entre outros segredos.

Marchamos desta vila para xantar facendo unha panorámica para poder apreciar a belísima e impresionante Lagunas de Ruidera, un dos parques naturais mais fermoso e importantes de España.

Xa pola tarde coa barriga ocupada desprazámonos a outra vila que tamén nos vai sorprender: Villanueva de los Infantes, onde destacamos a Praza Maior, a Igrexa de S André Apóstol, o Hospital de Santiago, a Antiga Alhóndiga (entrada incluída), a varios palacios, o Convento de Santo Domingo (entrada incluída) e mais marabillas.

Regreso a hotel para ea e aloxamento.

 

3ºdía:

Tras o almorzo, dirixirémonos a Valdepeñas, toca mañán de viños. Nesta vila desfrutaremos o doble, xa que pasaremos por ela e máis visitaremos unhas das bódegas máis importantes e fermosas de Valdepeñas e España, as Covas do Arte (entrada incluída). Na vila daremos conta da súa praza, o Museo do Viño (entrada incluída), a Igrexa da Asunción, etc.

Xantaremos en algún lugar da Mancha, bueno no hotel en Ciudad Real (pero quedaba ben), para desfrutar da tarde libre na cidade (quedan moitos currunchos nesta cidade, e si non de compras...)

 

4º día:

Último día desta viaxe, a unha vila cargada de monumentos e historia cervantina, que defende ser onde naceu Miguel de Cervantes; non é outra que Alcázar de San Juan que posúe un casco antigo cargado de curiosidades coma: o Torreón de Don Juan José de Austria (entrada incluída), a Capela de San Juan Bautista e os seus xacementos (entrada incluída), o Cubillo, a Praza de España, a Igrexa de Santa Criteria, e tal e tal...

Regresamos por Madrid onde xantaremos.

 

 

⇒HOTEL 4*, NO CENTRO DE CIUDAD REAL

PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

    

OPCIÓNS
430,00 €