CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

COLABORAN

A COSTA BRAVA, BARCELONA, GIRONA E ABADÍA DE MONSERRAT

Categoría raíz
18-23/10/26

Con visitas a pobos da Costa Brava, coma Peratallada, Tossa de Mar e Lloret de Mar, admirando a impresionante Abadía de Monserrat, desfrutando da Sagrada Familia e Catedral de Barcelona, visitando tamén Girona, e todo nun hotel con buffet e pegados a praia, presentámosche esta proposta pola Costa Brava e Barcelona, dunha maneira tranquila pero completa.

 

 CAMIÑO DE IDA DE NOITE, PÁRTIRASE AS 0:00 DO 18/210/2026

 

 1º día

  • Partiremos sobre a media noite (0:00 referencia saída de Santiago, do dia 18).
  • Xantar de camiño
  • A primeira hora da tarde, chegaremos á Abadía de Monserrat (entrada incluída). Está a 700 m de altura, cunhas vistas que quitan o hipo, e onde se alberga a patroa de Cataluña. Tras a visita ao recinto, seguiremos ata o hotel en Lloret de Mar.
  • Aloxamento e cea no hotel.

 

 2º día

  • Neste dia acudiremos a vila medieval de Peratallada, unha das vilas mais fermosas da Cossta Brava. Despois dun paseo coa guia e mais de tempo libre dela daraste conta de por qué.
  • Regreso ao hotel para xantar.
  • Moi cerquiña de Lloret temos Tossa de Mar, outra vila incrible da Costa Brava. Poderás descubrila cuoa guía mais no teu tempo libre.
  • Regreso o hotel para aloxarse e cear.

 

 3º día

  • Tras o desaiuno no hotel, dirixirémonos á cidade de Girona, cidade romana e visita imprescindible cando nos acercamos a Cataluña. Aproveitaremos a mañá para visitala e desfrutar de tempo libre. Aquí veremos lugares como: a Basílica de San Felix (entrada incluída), a Casa Agullana, El Call, a Rambla da Libertad, os Baños Árabes (entrada incluída) ou a Catedral de Girona (entrada incluída).
  • Xantar no hotel.
  • Tarde libre para que desfrutes de Lloret de Mar, do hotel  ou da praia.
  • Cea e aloxamento.

 

 4º día

  • Tras o desaiuno no hotel, achegámonos á cidade de Barcelona. Esta mañá desfrutaremos dunha visita guiada por un guía oficial polo Barrio Gótico de Barcelona (incluída). Tras rematar a visita, teremos tempo para acabar de coñecer o casco histórico de Barcelona, como a Catedral de Barcelona (entrada incluída) ou o monumento a Colón.
  • Xantar nun restaurante da zona
  • Pola tarde continuamos en Barcelona. Comezaremos coa visita guiada por un guía oficial á Sagrada Familia (entrada incluída). A obra arquitectónica mais famosa de Gaudí e de Barcelona. Trátase dunha basílica inmensa, que se leva facendo dende 1882, e é de obrigada visita, non defrauda. Despois faremos un pequeno paseo para coñecer un pouco máis esta cidade.
  • Voltaremos o hotel para aloxarse e cear.

 

 5º día

  • Día libre en Lloret de Mar, no que poderás dispor a túa maneira as posibilidades da via, do hotel, da praia, ...
  • Desaiuno, xantar e cea no hotel.

 

 6º día

  • Tras o desaiuno no hotel, iniciaremos o camiño de regreso ás casas.
  • Xantaremos de camiño. Chegada pola noite.

 

 

⇒HOTEL 4* no centro de LLORET DE MAR, a 100m da praia

⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS:

A compra dunha viaxe ou excursión conleva a aceptación das condicións expostas no seguinte apartado IMPORTANTE:

   

OPCIÓNS
580,00 €