Seguro que hai tempo que queres coñecer a Costa Brava. Agora tes a ocacsión con esta viaxe de 6 dias, na que dunha forma organizada poderás coñercer a Costa Brava, con pobos como Lloret de Mar, Cadaqués, Peratallada, Tossa de Mar ou Ampuriabrava; coma a gran Barcelona coa súa Sagrada Familia, Girona ou a Abadía de Monserrat. E todo nun gran hotel, nunha zona con moita diversión e a 2 minutos !!! da praia.
ESENCIA COSTA BRAVA, ESTILOS EN BARCELONA, GRAN MONSERRAT
1º día:
Sairemos pola mañá moi cedo, para chegar á hora do xantar a Zaragoza. Tras o xantar, seguiremos o camiño ata a Abadía de Monserrat (entrada incluída). Está a 700 m de altura, cunhas vistas que quitan o hipo, e onde se alberga a patroa de Cataluña. Tras a visita ao recinto, seguiremos ata o hotel en Lloret de Mar.
Cea no hotel.
2º día:
Tras o desaiuno no hotel, contaremos coa mañá libre en LLoret de Mar, para que poidas relaxarte na praia, ademais de facer un pequeno paseo para coñecer a famosa vila costeira.
Xantar no hotel.
Pola tarde, dirixirémonos á cidade de Barcelona. Comezaremos coa visita guiada por un guía oficial á Sagrada Familia (entrada incluída). A obra arquitectónica mais famosa de Gaudí e de Barcelona. Trátase dunha basílica inmensa, que se leva facendo dende 1882, e é de obrigada visita, non defrauda. Despois faremos un pequeno paseo para coñecer un pouco máis esta cidade.
Regreso a Lloret.
Cea no hotel.
3º día:
Tralo desaiuno no hotel, acercarémonos á vila de Cadaqués, onde mediante unha rutiña coñeceremos lugares como a Igrexa de Santa María, as praias da vila, ou o mirador de Pujada des Pianc. Sabías que este pobo está considerado por moitos o máis fermoso de Cataluña? Xa nos dirás.
A continuación dirixímonos a outra xoia da costa brava, a vila de Ampuriabrava, coñecida coma a Venecia española, xa que contén uns 25 km de canais navegables, e tamén como non na maioría dos pobos da costa brava, rodeado de praias e calas impresionantes. E faralo navegando entre os canais !!! (entrada incluída).
Regreso ao hotel para xantar.
Tarde libre, a seguir desfrutando da vila, da praia, da calma...
Cea no hotel.
4º día:
Tras o desaiuno no hotel, dirixirémonos á cidade de Girona, cidade romana e visita imprescindible cando nos acercamos a Cataluña. Aproveitaremos a mañá para visitala e desfrutar de tempo libre. Aquí veremos lugares como: a Basílica de San Felix, a Casa Agullana, El Call, a Rambla da Libertad, os Baños Árabes (entrada incluída) ou a Catedral de Girona (entrada incluída).
Xantar no hotel.
Esta tarde visitaremos 2 pobos moi interesantes da Costa Brava, como son Peratallada e Tossa de Mar.
En Peratallada coñeceremos: a Igrexa de San Esteban, o Arco de Pedra, o Carrer maior ou a Praza de les Voltes. Está no corazón da comarca do Ampordá, moi cerquiña da costa e de Francia. É famosa e fermosa pola impresionante arquitectura e historia que teñen as súas rúas, que manteñen inda a súa esencia medieval.
En Tossa de Mar veremos: Cami de Ronda, a Cala Es Codolar, as murallas ou o Carrer de Sant Antoni. Trátase outro dos tantos nesta costa, no medio de calas e praias que non che deixará indiferente.
Nos 2 pobos teredes tamén tempo libre.
Regreso ao hotel e cea.
5º día:
Tras o desaiuno no hotel, volveremos á cidade de Barcelona. Esta mañá desfrutaremos dunha visita guiada por un guía oficial polo Barrio Gótico de Barcelona (incluída). Tras rematar a visita, teremos tempo para acabar de coñecer o casco histórico de Barcelona, como a Catedral de Barcelona ou o monumento a Colón.
Voltaremos a xantar o hotel, e a pasar a última tarde desfrutando tranquilamente na fermosa vila de LLoret de Mar.
Cea no hotel.
6º día:
Tras o desaiuno no hotel, iniciaremos o camiño de regreso ás casas, xantando no camiño nun restaurante amigo.
Chegada pola noite.
⇒HOTEL 4*, NO CENTRO DE LLORET DE MAR
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA A MAIORES: CONSULTAR
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ: