A COSTA BRAVA, BARCELONA, GIRONA E ABADÍA DE MONSERRAT
18-23/10/26
OFERTA
Cerrado
Con visitas a pobos da Costa Brava, coma Peratallada, Tossa de Mar e Lloret de Mar, admirando a impresionante Abadía de Monserrat, desfrutando da Sagrada Familia e Catedral de Barcelona, visitando tamén Girona, e todo nun hotel con buffet e pegados a praia, presentámosche esta proposta pola Costa Brava e Barcelona, dunha maneira tranquila pero completa.
CAMIÑO DE IDA DE NOITE, PÁRTIRASE AS 0:00 DO 18/210/2026
1º día
- Partiremos sobre a media noite (0:00 referencia saída de Santiago, do dia 18).
- Xantar de camiño
- A primeira hora da tarde, chegaremos á Abadía de Monserrat (entrada incluída). Está a 700 m de altura, cunhas vistas que quitan o hipo, e onde se alberga a patroa de Cataluña. Tras a visita ao recinto, seguiremos ata o hotel en Lloret de Mar.
- Aloxamento e cea no hotel.
2º día
- Neste dia acudiremos a vila medieval de Peratallada, unha das vilas mais fermosas da Cossta Brava. Despois dun paseo coa guia e mais de tempo libre dela daraste conta de por qué.
- Regreso ao hotel para xantar.
- Moi cerquiña de Lloret temos Tossa de Mar, outra vila incrible da Costa Brava. Poderás descubrila cuoa guía mais no teu tempo libre.
- Regreso o hotel para aloxarse e cear.
3º día
- Tras o desaiuno no hotel, dirixirémonos á cidade de Girona, cidade romana e visita imprescindible cando nos acercamos a Cataluña. Aproveitaremos a mañá para visitala e desfrutar de tempo libre. Aquí veremos lugares como: a Basílica de San Felix (entrada incluída), a Casa Agullana, El Call, a Rambla da Libertad, os Baños Árabes (entrada incluída) ou a Catedral de Girona (entrada incluída).
- Xantar no hotel.
- Tarde libre para que desfrutes de Lloret de Mar, do hotel ou da praia.
- Cea e aloxamento.
4º día
- Tras o desaiuno no hotel, achegámonos á cidade de Barcelona. Esta mañá desfrutaremos dunha visita guiada por un guía oficial polo Barrio Gótico de Barcelona (incluída). Tras rematar a visita, teremos tempo para acabar de coñecer o casco histórico de Barcelona, como a Catedral de Barcelona (entrada incluída) ou o monumento a Colón.
- Xantar nun restaurante da zona
- Pola tarde continuamos en Barcelona. Comezaremos coa visita guiada por un guía oficial á Sagrada Familia (entrada incluída). A obra arquitectónica mais famosa de Gaudí e de Barcelona. Trátase dunha basílica inmensa, que se leva facendo dende 1882, e é de obrigada visita, non defrauda. Despois faremos un pequeno paseo para coñecer un pouco máis esta cidade.
- Voltaremos o hotel para aloxarse e cear.
5º día
- Día libre en Lloret de Mar, no que poderás dispor a túa maneira as posibilidades da via, do hotel, da praia, ...
- Desaiuno, xantar e cea no hotel.
6º día
- Tras o desaiuno no hotel, iniciaremos o camiño de regreso ás casas.
- Xantaremos de camiño. Chegada pola noite.
⇒HOTEL 4* no centro de LLORET DE MAR, a 100m da praia
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS:
⇒A compra dunha viaxe ou excursión conleva a aceptación das condicións expostas no seguinte apartado IMPORTANTE:
