Utilizamos cookies propias para fines funcionales dirigidos a permitir la correcta navegación por nuestra página web y de terceros con fines analíticos. Para consentir su utilización y confirmar que ha leído la información proporcionada, pulse el botón Aceptar. Podrá conocer cómo gestionar o deshabilitar las cookies en Saber más.

   Saber máis - Aceptar.

CONTACTO    644 719 008    buseandoporgalicia@gmail.com

A PRAIA DAS CATEDRAIS E RIBADEO

Categoría raíz
26/07/25

Vamos a visitar neste día un monumento natural, quizais o máis coñecido de Galicia: a Praia das Catedrais. Trátase dunha zona que polas forzas do mar e a súa morfoloxía, componse de formas moi espectaculares como covas, arcos, e acantilados o longo de algo máis dun quilómetro. Completamos o día visitando a famosa vila indiana de Ribadeo, na fronteira con Asturias.

 

MARABILLA NATURAL DE GALICIA E A VILA INDIANA DE RIBADEO

 

Pola mañá acudiremos á citada Praia das Catedrais. Alí desfrutarás toda a mañá de dúas maneiras, podendo coñecelas tanto por “riba”, paseando polos sendeiros que hai nos acantilados, como pola praia.

Despois iremos a xantar nun restaurante amigo.

Pola tarde achegarémonos a coñecer a vila de Ribadeo, facendo unha pequena ruta guiada, por esta vila mariñeira con historia indiana, e que aínda esconde algún segredo. Coñeceremos lugares como o Barrio de San Roque, a Plaza de España ou o convento de Santa Clara, entre outros.

Iniciaremos o camiño de volta.

 

Esta viaxe pode cambiar a orde de visita debido aos horarios de mareas.

 

 

PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: CONSULTAR

⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:

   

OPCIÓNS
47,00 €