Hotel 3* en pleno BENIDORM, a 8 minutos andando da Praia de Poniente
Pensión completa, con servicio buffet (*)
Animación nocturna no hotel case tódolos días
Viaxe en AVE de Ourense a Alicante (ida e volta)
Traslados en bus a Ourense e Alicante-Benidorm (ida e volta)
Seguro de viaxe
Guía acompañante toda a viaxe
Posibilidade de incorporarse en Ourense (455€), pero acercarase polos seus medios a estación de trens de Ourense.
Condicións:
-Anotación antes do 30 de enero do 2025, para o cal se proporcionará nome, apelidos, dni e data de nacemento, e será imprescindible o pago neste prazo dunha señal de 200€ por persoa e que permita a reserva dos billetes do AVE, hotel, etc.
-Para realizar o ingreso proporcionarase unha conta, e non fará falta xustificar o ingreso. Para o cliente, dito ingreso será xustificante feaciente e único do pago da fianza a Axencia de Viaxes.
-Os asentos para traslados (a Ourense e en Alicante-Benidorm) serán adxudicados por orde de inscripción.
- A principios de abril satisfarase a segunda parte do custo da viaxe (295€/persoa)
-Ofrécese a oportunidade de contratar un seguro de anulación por 15€ / persoa, a entregar no momento da inscripción (adxunto vai en qué casos cubre).
-O pago da fianza, non será reembolsable no caso de non poder realizar a viaxe, e quedan xustificados no pago de billetes de AVE e hotel.
-Viaxe limitado a un cupo de 54 pax.
-Saída mínima con 40 pax. No caso que non se cubrira este mínimo de pasaxeiros, devolverase inmediatamente a fianza ingresada.
-A viaxe queda supereditada as condicións aquí descritas.
(*)O día de ida, ante a imposibilidade de poder xantar nun restaurante, debido a que o traslado a Ourense e coller o AVE coincide nas horas do mediodía, ofrecerase no camiño a Ourense un picnic a base dunha auga, unha froita e un bocata, ós clientes.